Zara Tech Challenge - Workshop na Coruña
Se es estudante de enxeñaría, dos últimos cursos ou acabas de graduarte, e estás a buscar unha oportunidade laboral que te sorprenda, o programa Zara Talent resultarache de interese. Este programa oferta un rol a tempo completo e proxectos de responsabilidade e impacto real desde o comezo.
Inditex convida o estudantado de enxeñaría da Universidade de Vigo a participar no workshop que se celebrará o vindeiro xoves 27 de febreiro, de 15.00 a 19.00 h, na Universidade da Coruña. O que buscan son perfís técnicos, con coñecementos baseados en software, e mozos e mozas con talento e paixón polo mundo tecnolóxico.
Requisitos
- Estar no último ano de grao/máster ou recén graduado ou graduada
- Coñecemento en fundamentos da informática, estruturas de datos e algoritmos
- Demostrar paixón e proactividade pola tecnoloxía (a través da participación en proxectos extracurriculares, prácticas previas, experiencia laboral e hackathons)
Onde e cando?
- A duración do programa é de 6 meses, con posibilidade de unirte ao equipo!
- Bootcamp onde te formarás coas e cos mellores profesionais.
- Vivir o programa na Coruña, en plena natureza, onde poderás gozar do mar e do surf, así como dunha gastronomía e cultura pensadas para a xuventude.
Información e solicitudes
Compartirás a experiencia con compañeiros e compañeiras que xa pasaron polo mesmo proceso ca ti e que teñen as mesmas ganas de crecer.
Poderás realizar a túa inscrición desde aquí.