Normativa e documentación
Atopa aquí a normativa e a documentación sobre os procedementos para a realización, seguimento e acreditación de prácticas académicas para estudantes.
Normativa
Xeral
Da Universidade de Vigo
Instrucións sobre o procedemento para a realización das prácticas académicas externas:
Se estás ao cargo da coordinación de prácticas académicas externas, podes atopar aquí unha presentación con máis información:
Documentación
Modelos e documentos para a formalización de convenios e acordos internos
A Universidade de Vigo utilizará o seu propio modelo de convenio de cooperación educativa aprobado en Consello de Goberno. Só se asinará un convenio por empresa que cubrirá as prácticas curriculares e extracurriculares, ofertadas en calquera dos centros da Universidade de Vigo tanto para ensinos de grao como de máster ou para ambos, así como para plans anteriores a Bolonia.
Para a formalización do convenio deben achegarse á vicerreitoría os correspondentes documentos que se relacionan:
Para a realización de prácticas en servizos e dependencias da propia Universidade de Vigo, o convenio substituirase por un acordo escrito interno, asinado pola persoa responsable do servizo ou dependencia en que se realizan as prácticas e a persoa responsable académica do centro de que depende a titulación. O citado acordo deberá ter o visto e prace da Xerencia ou da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Modelos e documentos para a formalización de convenios e acordos externos
Para a convocatoria de bolsas de prácticas extracurricularres, utilizarase con carácter xeral o formulario modelo D2 - Convocatoria de bolsas de prácticas. Pode ser utilizado polos centros da Universidade de Vigo para a oferta das súas prácticas curriculares en caso de adaptarse ao seu procedemento de adxudicación.
- Formalización
D4 - Formalización da práctica académica externa. Documento para a formalización da práctica académica que inclúe o documento D3 - compromiso do estudante. Debe asinarse por triplicado correspondendo unha copia ao estudante, outra ao titor da empresa e outra ao centro.
- Seguimento
D5 - Informe do titor ou titora da empresa ou entidade
D6 - Informe do estudante
D7 - Informe do titor ou titora académico
- Acreditación
D8 - Certificado acreditativo de realización de prácticas académicas externas