incuvi premiados

Proxectos incubados

Proxectos INCUVI-Emprende

Campus de Vigo

Apptobus
Proposta de mercado que formula a idea dunha aplicación para atopar transporte interurbano de xeito doado e rápido.

Last Pick
Idea de negocio que consiste na posta en marcha dunha tenda en liña de zapatillas e produtos relacionados co baloncesto.

PER (Platform Education Researh)
Plataforma de servizos para que o profesorado de secundaria poida empregala tanto para compartir recursos educativos como apoio do traballo diario.

Sempre Crece
Empresa que pon sobre a mesa a creación dunha planta de compostaxe que aposte pola transformación dos refugallos forestais en compostaxe ecolóxica.

 

Campus de Ourense

Aproveitamento dos recursos forestais
Proxecto de negocio consistente no aproveitamento e recuperación de terreos forestais e na produción agropecuaria a partir deles con criterios ecolóxicos.

 

Campus de Pontevedra

ByGymApp
Plataforma dixital plantexada para reservar o dereito de uso das instalacións deportivas ou clases dirixidas en ximnasios.

Lira Tenue
Proxecto que consiste na creación dunha marca téxtil de panos e fulares para mulleres e homes.

 

Proxectos INCUVI-Avanza

Campus de Ourense

OUVIR
Proxecto centrado en xerar unha acción transformadora para as persoas con diversidade funcional de todo tipo ofrecendo asistencia persoal.

 

Campus de Pontevedra

Mediación Móvil
Trátase dunha aplicación móbil e unha web para ofrecer un servizo de mediación para empresas, organizacións e particulares que precisen resolver conflitos.