Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

Equipo de goberno

Director/a

María de las Nieves Lorenzo González

Secretario/a de Escuela

María Begoña Cid Iglesias

Subdirector/a

Carlos Ulloa Sande
Uxía García Luis

Localización

Pavillón Manuel Martínez-Risco, Campus Universitario As Lagoas s/n
CP: 32004
Ourense

Código do centro

107

    Máster Universitario en Vehículos Autónomos

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    8
    Código
    10420

    Acceso e admisión

    A comisión académica do mestrado estudará cada solicitude e poderá rexeitar aquelas que, pola titulación de acceso, non estean en condicións de poder aproveitar os ensinos do mestrado, é dicir, que a súa titulación non estea dentro do ámbito exposto no apartado de perfil de acceso recomendad

    Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos: 

    • Adecuación da titulación de acceso aos contidos do mestrado 
    • Expediente académico

    Fíxanse os seguintes criterios de admisión: 

    • Titulación de acceso (entre 0 e 2 puntos), segundo a idoneidade da titulación de acceso cos obxectivos e contidos do mestrado
    • Expediente académico da titulación de acceso (entre 0 e 1 punto). 
    • A puntuación establecida xera unha ordenación onde cada criterio é preferente de forma xerárquica. Coa puntuación obtida ordénanse as solicitudes e admítense estudantes ata cubrir as prazas ofertadas. 
       

    Perfil de ingreso recomendado

    As persoas que queiran ser admitidas no título deberán estar preferentemente en posesión dun grao en: 

    • Enxeñaría Mecánica
    • Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática 
    • Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais 
    • Enxeñaría Eléctrica 
    • Enxeñaría da Enerxía 
    • Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación 
    • Enxeñaría Aeroespacial 
    • Intelixencia artificial 
    • Enxeñaría Informática 
    • Robótica 
    • Enxeñaría Naval e Oceánica 
    • Tecnoloxías Mariñas 
       

    Obxectivos xerais da titulación

    A innovación tecnolóxica asociada á autonomía e intelixencia dos vehículos, apoiada na existencia dun marco xurídico europeo propicio para a súa chegada e no impulso da mobilidade sostible, fai cada vez máis necesaria a existencia de perfís profesionais neste ámbito e de titulacións, como a que se propón, que doten ao estudante das competencias requiridas para o seu correcto desempeño e desenvolvemento profesional e que poida aproveitar todas as oportunidades que se presentarán nos próximos anos dentro do campo dos vehículos autónomos. 

    Así pois, o Mestrado universitario en vehículos autónomos ten como obxectivo xeneral proporcionar unha formación avanzada en temas de mobilidade a todos os niveis (terrestre, aérea e mariña), cunha clara orientación cara a unha especialización profesional de alto nivel, que axude a coñecer os aspectos e os retos tecnolóxicos da mobilidade e, á súa vez, sexa un instrumento que permita mellorar a empregabilidade dos egresados e que favoreza a promoción de iniciativas para o desenvolvemento da nosa comunidade autónoma en sectores estratéxicos. 

    Outro dos obxectivos fundamentais é formar ao alumnado nos ámbitos de coñecemento que subxacen na mobilidade autónoma, entre os que se inclúen as telecomunicacións, a electrónica, o deseño industrial, a robótica e a intelixencia artificial, entre outros. 

    En esencia, pretende ofrecer unha formación superior a nivel ARROLAS 3 (EQF 7) que complemente e reforce a formación dos graduados, fundamentalmente das enxeñarías, constituíndo unha vía para a especialización dos estudantes nun ámbito moi demandado polas sociedades desenvolvidas, os vehículos autónomos, e cun enorme potencial de cara ao futuro. 


     

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    Algunhas das principais saídas profesionais vinculadas a un perfil dos estudos de máster son as seguintes:

    • Dirección ou participación en grupos de investigación especializados no sector.
    • Dirección e actividades profesionais no contexto de departamentos de I+D+i xa sexa nunha empresa do sector, nun centro de investigación ou nun centro tecnolóxico.
    • Dirección de proxectos industriais relacionados cos vehículos autónomos.
    • Responsable do desenvolvemento de produtos/servizos empregados nos vehículos autónomos.
    • Dirección de institutos de investigación.
    • Dirección de infraestruturas e recursos relacionados coa mobilidade.
    • Dirección de desenvolvemento de solucións de software.
    • Autoemprego, mediante a posta en marcha de start-ups relacionadas co ámbito dos vehículos autónomos.
       

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    José Fariña Rodríguez

    Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    12
    Código
    O07M189V01

    O Mestrado en sistemas aéreos non tripulados, impartido conxuntamente polas universidades de Santiago de Compostela e de Vigo e coa colaboración da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, é un dos poucos mestrados universitarios oficiais que existen neste campo no noso país. Trátase dun título oficial moi valorado no ámbito profesional e recoñecido en convocatorias públicas de bolsas e oposicións. Ademais, permite acceder aos programas de doutoramento, realizar a tese doutoral ou investigar neste campo de alta especialización. 

    O novo deseño do título integra os contidos necesarios para cubrir as necesidades formativas que un piloto de UAS requirirá para superar os exames oficiais das categorías A1, A2 e A3.
     

    Acceso e admisión

    A comisión académica avaliará a idoneidade das persoas candidatas preinscritas empregando o seguinte baremo:

    • Preferencia das titulacións do perfil de ingreso recomendado
    • Nota media de expediente académico de titulación de acceso (80 %)
    • Experiencia profesional acreditada no sector (20 %)
       

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas universitarias en disciplinas científicas ou tecnolóxicas que desexen orientar a súa carreira profesional cara a empresas ou administracións públicas con interese nos sistemas aéreos non tripulados. Os ámbitos de interese deste colectivo poderán dirixirse cara á operación e á enxeñaría de sistemas. Tendo isto en conta, considéranse perfil de ingreso recomendado a este mestrado as persoas graduadas nas seguintes titulacións do SUG:

    Especialidade: Enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados (UVigo)

    • Graduado/a en Enxeñaría Aeroespacial
    • Graduado/a en Enxeñaría Industrial
    • Graduado/a en Enxeñaría en Tecnoloxías da Telecomunicación
    • Graduado/a en Enxeñaría Informática
    • Graduado/a en Física
    • Graduado/a en Matemáticas
    • Graduado/a en Enxeñaría da Enerxía

    Especialidade: Aplicacións na xestión dos recursos da terra (USC)

    • Graduado/a en Enxeñaría Forestal
    • Graduado/a en Enxeñaría Agrícola
    • Graduado/a en Enxeñaría Xeomática e Topografía
    • Graduado/a en Enxeñaría Civil
    • Graduado/a en Enxeñaría de Minas

    Obxectivos xerais da titulación

    A importante demanda potencial e o interese social xerados pola aplicación de sistemas aéreos non tripulados (UAS) aos procesos existentes en varios sectores están a permitir que as empresas creen novos modelos de negocio. Cada industria ten necesidades diferentes e, en consecuencia, require diversas solucións baseadas en UAS.

    En concreto, os sistemas de a bordo non tripulados poden contribuír a estes sectores en operacións como a vixilancia da construción, a inspección de infraestruturas, a loxística da última milla e a loxística in situ en fábricas, o fornecemento de datos xeoespaciais para a avaliación de riscos por parte das aseguradoras, a fotografía e o vídeo aéreos profesionais, a inspección de antenas de telecomunicacións, as operacións en redes eléctricas, os servizos de internet en zonas remotas, a vixilancia de cultivos, a dispersión de pesticidas, a vixilancia, a xestión de operacións mineiras, a xestión forestal, a xestión do espazo mariño etc.
     

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Fernando Veiga López

    Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    25
    Código
    O07M197V01

    O Mestrado en enxeñaría aeronáutica é un título oficial que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a aeronáutico, de acordo coa Orde CIN/312/2009, do 9 de febreiro (BOE do 18 de febreiro de 2009). Trátase dun programa único dentro do sistema universitario galego e ofrécese en colaboración coa Xunta de Galicia.
     

    Acceso e admisión

    As prazas ofertadas terán prioridade para o estudantado que proceda dun título que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a técnico aeronáutico de acordo coa Orde CIN/308/2009. A selección das persoas solicitantes levarase a cabo pola comisión académica do mestrado en función do expediente académico do estudantado e a nota media alcanzada. 

    Obxectivos xerais da titulación

    • Capacidade para deseñar, calcular, inspeccionar, certificar e manter sistemas e vehículos no campo da enxeñaría aeroespacial.
    • Capacidade para planificar, deseñar, controlar, manter e operar infraestruturas aeronáuticas.
    • Capacidade para coordinar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no sector aeroespacial.
    • Capacidade para integrar sistemas aeronáuticos complexos e equipos de traballo multidisciplinares.
    • Capacidade para analizar e corrixir o impacto ambiental e social das solucións técnicas para calquera sistema aeroespacial.
    • Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaz de integrar coñecementos.
    • Coñecemento, comprensión e capacidade para usar ferramentas informáticas relacionadas co campo de estudo.
    • Capacidades de xestión da información, incluída a capacidade de recuperar e analizar información de diversas fontes.
    • Competencia en todas as áreas relacionadas coas tecnoloxías aeroportuarias, aeronáuticas ou espaciais que, pola súa natureza, non sexan exclusivas doutras ramas da enxeñaría.
    • Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de enxeñeiro/a aeronáutico.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Elena Beatriz Martín Ortega