Premios extraordinarios de doutoramento

Mozo estudando na biblioteca

 

As teses de doutoramento defendidas na Universidade de Vigo que teñan acadado a cualificación de sobresaínte cum laude poderán ser obxecto da mención especial de premio extraordinario de doutoramento.

A universidade establecerá anualmente o número de premios extraordinarios que concederá e os prazos e procedemento na súa convocatoria. Na devandita convocatoria incluirase a relación de criterios específicos que se aplicarán na selección das teses no relativo á concesión da mención do premio extraordinario.

O reitor ou reitora nomeará anualmente os tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión que se enviará á Comisión Permanente da Eido para valorala e remitila á Secretaría Xeral para sometela á aprobación polo Consello de Goberno.

Os douctores/as aos que se lles concede o premio extraordinario de doutoramento terán exención de prezos públicos pola expedición de títulos e contarán co recoñecemento documental que a Universidade estableza.
 

A convocatoria correspondente ao curso académico 2022/2023 aprobouse na sesión da Comisión Permanente do 25 de maio de 2023

En cumprimento do disposto no artigo 45 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, esta Reitoría  publicará a convocatoria dos Premios Extraordinarios de Doutoramento  para as teses lídas nesta Universidade durante o curso 2022/2023, que acadaran a cualificación de Sobresaínte Cum Laude, abranguendo o período comprendido entre o 1 de setembro de 2022  e o 31 de xullo de 2023. 

O prazo de presentación solicitudes será do 19 ao 30 de setembro de 2023.
 

Ver a convocatoria

 

Máis información:

Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido@uvigo.gal