Teses

Moza estudando na biblioteca

 

Para o depósito da tese de doutoramento débese solicitar o acceso por correo electrónico a eido@uvigo.gal e á Área de Posgrao do centro no que teña a sede o programa de doutoramento que estea a cursar.

O depósito da tese farase de forma telemática a través da Secretaría Virtual. 
 

Impreso de revisión de tese

 

Requisitos previos

  • A persoa debe estar matriculada no curso académico actual
  • Os datos da tese serán incorporados directamente pola persoa doutoranda na base de datos TESEO
    Accede a TESEO
  • Contar coa avaliación dun plan de investigación actualizado, acompañado dos informes favorables da titoría e da dirección da tese
  • O título do plan de investigación, aprobado na última avaliación anual, e o título da tese deben ser coincidentes
  • O documento de actividades actualizado, coas avaliacións anuais que correspondan e, se é o caso, das actividades formativas obrigatorias e outros requirimentos específicos da memoria de verificación do programa de doutoramento
  • Compromiso documental de supervisión debidamente asinado

 

A tese de doutoramento

  • Unha vez rematada a elaboración da tese, e tras o informe da persoa ou persoas que a dirixen, debe solicitar á CAPD a autorización para defendela. Para iso, enviaralle á área académica competente o exemplar da tese e a documentación xustificativa das mencións que non estea xa recollida no sistema
  • Presentar un exemplar da tese co visto e prace da dirección en formato electrónico (PDF). Este exemplar respectará as normas de estilo vixentes e empregaranse os seguintes modelos:
  • Resumo de polo menos 3.000 palabras en galego ou castelán, se a tese non está redactada nestas linguas
  • Presentar toda a documentación requirida no caso de que se solicite a mención internacional, a mención de doutoramento industrial, a mención de cotutela e/ou tese que conteña publicacións.
  • No caso das teses presentadas pola modalidade tradicional (non por compendio de artigos), segundo o disposto na Guía de boas prácticas para a dirección de teses de doutoramento, aprobada pola Comisión Permanente da EIDO na sesión do 20/05/2016, presentarase:
    • A declaración de que ningún capítulo de tese sexa transcrición exacta dunha publicación previa
    • As autorizacións que correspondan das persoas coautoras dos artigos presentados como anexos, se é o caso
  • No caso de teses suxeitas a protección de datos, presentaranse dúas versións. Unha reducida na que se eliminarán os contidos afectados polo deber de non difusión, segredo ou confidencialidade e outro exemplar completo que quedará arquivado na universidade baixo o compromiso de confidencialidade. O exemplar reducido será o que se deposite para a súa consulta pola comunidade científica e a versión completa entregaráselle ao tribunal para a súa avaliación

 

Impresos

Tribunal

A CAPD, despois de oír á dirección da tese (e/ou de ser o caso, á titoría), proporá unha relación de sete membros do tribunal para avaliar a tese.

Todas as persoas membro serán doutoras con experiencia investigadora acreditada ou cumprimento no momento da solicitude ou unha solicitude anterior.

O tribunal estará formado por unha maioría de membros externos á unviersidade ou institucións participantes no programa, e cumprirá os requisitos de paridade e externalidade.

O tribunal, será nomeado pola Eido entre as persoas especialistas propostas pola CAPD e estará constituído por tres persoas titulares e dúas suplentes.

No caso de que a tese conteña publicacións literalmente transcritas, as persoas coautoras non se considerarán alleas a universidade para os efectos da limitación dun membro por institución.

 

Mención doutoramento internacional

Acreditarase coa presentación da seguinte documentación:

  • 2 informes favorables previos á presentación da tese de 2 persoas expertas doutoras pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non español. Nos informes deberá identificarse claramente a Institución que os emite mediante o  seu anagrama ou logotipo, a persoa que o emite coa súa sinatura e selo. De non aparecer debidamente identificada a institución, os informes non serán admitidos
  • Acreditación dunha estadía mínima de 3 meses fóra de España nunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio.
  • Escrito da dirección da tese que avale a estadía.
  • Escrito da CAPD do programa de doutoramento que autorice a estadía

Parte da tese (obrigatoriamente como mínimo a introdución, o resumo e mais as conclusións) deberá estar escrita e defenderse nunha das linguas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento, distinta a calquera das linguas oficiais en España (a excepción dos países de fala hispana).

O tribunal debe conter polo menos unha persoa experta e doutourada pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación non español. Esta persoa será distinta da persoa responsable da estadía (as mesmas condicións rexen para os suplentes do tribunal) e das informantes externas da tese.

 

Tese que inclue artigos de investigación

A tese de doutoramento poderá conter un conxunto de traballos que o doutorando/a ten publicados ou que contan coa aceptación definitiva para a súa publicación. A Universidade recoñecerá como "tese por compendio de publicacións" cando, ademais de cumprirse todo o previsto no artigo 41 do Regulamento de Estudos de Doutoramento a tese inclúa un mínimo de tres artigos de investigación publicados ou con aceptación definitiva para a súa publicación. Os artigos deben estar editados en revistas indexadas na listaxe do ámbito correspondente do Journal Citation Reports ou, en caso de que non sexa aplicable este criterio, poderá substituirse polas bases relacionadas pola CNEAI para estas áreas.

Documentación adicional que se debe aportar:

  • Informe da ou das persoas que dirixen a tese, coa aprobación da comisión académica do programa de doutoramento, o cal debe especificar:
    • A idoneidade da presentación da tese baixo esta modalidade.
    • Os indicios de calidade das publicacións presentadas.
    • A contribución da persoa estudante de doutoramento, se hai máis coautoras.
  • Autorización da revista/editorial para o uso da publicación na tese de doutoramento. No caso de non ter esa autorización, presentará a aceptación por escrito dos coautores/as de que o doutorando presente o traballo como parte da tese. Recomendase que neste caso figuren como anexos.
  • De non contar coa autorización das revistas,  o doutorando proverá unha versión publicable da tese para o repositorio institucional Investigo, sen os artigos que non conten coa devandita autorización. Nesta versión substitíranse os artigos  pola súa referencia bibliográfica completa xunto co enlace directo ao artigo. Si os artigos  están publicados en revistas de acceso aberto xa poden incluirse sen máis. 

A tese debe presentarse conforme a seguinte estructura:

  • Introdución
  • Obxectivos que se deben acadar
  • Discusión xeral que dote de coherencia e unidade os diferentes traballos
  • Conclusións e bibliografía común
  • Copia íntegra das publicacións

 

Prazos

  • Prazo de depósito e exposición pública da tese: 10 días hábiles en período lectivo a partir da revisión administrativa, período no que calquera persoa doutora poderá consultar a tese ou facer alegacións.
  • Debido á cantidade de documentos e comprobacións necesarias, consonte ao establecido na regulación actual (R.D. 99/2011), cómpre ter en conta que poden ser precisos varios días desde a entrega da documentación ata que se efectúe o depósito. Este só será efectivo unha vez comprobado todo o expediente e cando se publique na web e se notifique á persoa interesada.
  • Aprobación na Comisión Permanente da Eido, a cal autoriza a admisión a trámite da tese e nomea o tribunal.
  • A presidencia do tribunal convocará e a secretaría comunicará a data, hora e lugar da lectura da tese cunha antelación mínima de 10 días hábiles a partir da notificación.
  • 5 días hábiles posteriores ao día de exposición e defensa da tese para a remisión da documentación, da que será responsable a secretaría do tribunal ou a docente en quen delegue.

 

Lectura de tese e defensa pública

Cualificacións: non apto, aprobado, notable, sobresaínte.
Mención cum laude, mediante voto secreto dos membros do tribunal (require unanimidade de votos positivos).
Duración da tramitación: a defensa pública deberá ter lugar nun prazo máximo de tres meses desde a autorización da defensa.

 

Solicitude do título

Despois da defensa da tese e da entrega das actas pola secretaría do tribunal ou persoa que se indique (pode achegarse a través do correo interno ou do rexistro xeral de cada campus), a persoa estudante pode solicitar o título de persoa doutora no servizo de posgrao presentando:

  • Fotocopia do NIF en vigor
  • Partida de nacemento se a persoa interesada é estranxeira
  • Copia das titulacións de acceso (só no caso de que as titulacións non sexan expedidas pola Universidade de Vigo) e orixinais para cotexo.

 

Mención doutoramento industrial

Outorgarase a mención de doutoramento industrial sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • A existencia dun contrato laboral ou administrativo nunha empresa do sector público ou privado ou por unha administración pública. Non pode ser unha universidade
  • Por acordo da Comisión Permanente do 22 de novembro de 2017, a anterior esixencia concrétase nun mínimo de dous anos a tempo completo (ou o seu equivalente a tempo parcial)
  • Que a tese se faga no marco dun proxecto de investigación oficial que se desenvolva na empresa. Esta circunstancia ten que acreditarse e explicarse nunha memoria que tenrá que contar co visto e prace da CAPD

No caso de que o proxecto se desenvolva en colaboración coa universidade, debe existir un convenio que regule esta colaboración, incluíndo o procedemento de selección da persoa doutorada.

Opcionalmente disporemos dun borrador de convenio para o desenvolvemento dun doutoramento industrial. Este convenio asínao a empresa, a universidade e a persoa doutorada. Non é obrigatorio, pero pode ser útil para regular os aspectos da propiedade industrial, propiedade intelectual e a confidencialidade.

Para garantir a máxima difusión institucional, o doutor ou doutora que o solicite poderá examinar a tese e dirixirlle por escrito as consideracións que estime oportunas á Eido por correo electrónico a eido@uvigo.gal

 

Dispositivos calentables basados en óxido de grafeno para aplicaciones biomédicas
Autoría:  Laura González Rodríguez
Dirección:  Pio Manuel González Fernández e Julia Asunción Serra Rodríguez 
Programa de doutoramento: Física Aplicada
Data: 18 de abril de 2024

Lugar y sobredeterminación. Contingencias de la imagen en Shoah y el Monumento al Holocausto de Berlín
Autoría:  Diego Germade Castelo
Dirección:  Alberto José Ruíz de Samaniego García 
Programa de doutoramento: Creación e Investigación en Arte Contemporánea
Data: 16 de abril de 2024


Ejercicio físico y seguimiento telefónico mediado por telerrehabilitación cardiaca en pacientes con Insuficiencia cardiaca
Autoría:  Jhonatan Betancourt Peña
Dirección:  María José Martínez Patiño e Iago Portela Pino 
Programa de doutoramento: Educación, Deporte e Saúde
Data: 15 de abril de 2024
 

Ejercicio físico y seguimiento telefónico mediado por telerrehabilitación cardiaca en pacientes con Insuficiencia cardiaca
Autoría:  Jhonatan Betancourt Peña
Dirección:  María José Martínez Patiño e Iago Portela Pino 
Programa de doutoramento: Educación, Deporte e Saúde
Data: 15 de abril de 2024

Monitoring the evolution of drug targets of pathogens to improve the design of therapies
Autoría:  David Ferreiro García
Dirección:  Miguel Arenas Busto 
Programa de doutoramento: Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida
Data: 12 de abril de 2024

Evaluación de la enseñanza del SVB mediante dos metodologías diferentes (presencial versus clase invertida) en profesorado en activo y alumnado de Educación Primaria y Secundaria en la comunidad autónoma de Galicia
Autoría:  Miguel Cons Ferreiro
Dirección:  Vicente Romo Pérez e Rubén Navarro Patón 
Programa de doutoramento: Creatividade e Innovación Social e Sostible
Data: 12 de abril de 2024

Efectos de los programas basados en Escuela de la Espalda sobre la prevención y el tratamiento del dolor inespecífico lumbar y cervical en adultos
Autoría:  Pablo Hernández Lucas
Dirección:  José Luís García Soidan e Raquel Leirós Rodríguez 
Programa de doutoramento: Creatividade e Innovación Social e Sostible
Data: 12 de abril de 2024

Impacto de las políticas públicas en las empresas de la aviación comercial: Un análisis del COVID-19 y la crisis climática
Autoría:  Pol Fontanet Pérez
Dirección: Xosé Henrique Vázquez Vicente e Pere Suau Sánchez 
Programa de doutoramento: Análise Económica e Estratexia Empresarial
Data: 12 de abril de 2024

Capital intelectual como fuente de valor en la gestión de bienes comunales: El caso de las comunidades de montes en Galicia
Autoría:  Beatriz Zugazagoitia Rodríguez
Dirección: Carlos Maria Fernandez-Jardón Fernandez e Francisco Javier Martínez Cobas 
Programa de doutoramento: Análise Económica e Estratexia Empresarial
Data: 12 de abril de 2024

Aplicación de técnicas láser en la conservación y restauración de yacimientos arqueológicos
Autoría: Pablo Barreiro Castro
Dirección: Pio Manuel González Fernández e José Santiago Pozo Antonio 
Programa de doutoramento: Física Aplicada
Data: 10 de abril de 2024

A transição para a vida adulta de jovens em situação de vulnerabilidade social: uma abordagem socioeducativa
Autoría: Edgar Correia Campos
Dirección: Jesús Deibe Fernández Simo 
Programa de doutoramento: Ciencias da Educación e do Comportamento
Data: 10 de abril de 2024

Enhancing urban mobility and safety through virtual 3D scenarios constructed from multi-source point clouds
Autoría: Silvia María González Collazo
Dirección: Jesús Balado Frías e Elena González Rodríguez 
Programa de doutoramento: Xeotecnoloxías Aplicadas á Construción, Enerxía e Industria
Data: 9 de abril de 2024

Estudio comparativo del diagnóstico de desnutrición siguiendo evolución de parámetros físicos en población mayor de 65 años: criterios GLIM versus MNA
Autoría: David ​​​​​​Robles Torres
Dirección: José Luís Legido Soto e Natividad Lago Rivero 
Programa de doutoramento: Física Aplicada
Data: 9 de abril de 2024

Estudio comparativo del diagnóstico de desnutrición siguiendo evolución de parámetros físicos en población mayor de 65 años: criterios GLIM versus MNA
Autoría: David ​​​​​​Robles Torres
Dirección: José Luís Legido Soto e Natividad Lago Rivero 
Programa de doutoramento: Física Aplicada
Data: 9 de abril de 2024

Variability of extreme weather events and influence on the renewable energy sector in the Iberian Peninsula: wind energy
Autoría: Ana Catarina Redondo Gonçalves   
Dirección: Raquel Olalla Nieto Muñiz e Margarida da Conceiçao Rasteiro Magano Lopes Rodrigues 
Programa de doutoramento: Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
Data: 9 de abril de 2024

Evaluación Económica Aplicada al Análisis de Tecnología y Producción en Hospitales
Autoría: Octavio Córdova Arévalo  
Dirección: Francisco Reyes Santias
Programa de doutoramento: Análise Económica e Estratexia Empresarial
Data: 4 de abril de 2024

Innovación Empresarial y Transformación Digital en los Modelos de Negocio de la Movilidad: Perspectivas Industriales e Impacto Regional
Autoría: Hugo Pérez Moure   
Dirección: Pablo Cabanelas Lorenzo e Jesús Fernando Lampón Caride
Programa de doutoramento: Análise Económica e Estratexia Empresarial
Data: 4 de abril de 2024

(Re)Writing Ourselves: Auto/biography, Rewriting and the Posthuman in Jeanette Winterson’s Selected Novels
Autoría: María de Fátima Ferreira da Silva   
Dirección: María Belén Martín Lucas
Programa de doctorado: Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura
Data: 4 de abril de 2024

(Re)Writing Ourselves: Auto/biography, Rewriting and the Posthuman in Jeanette Winterson’s Selected Novels
Autoría: María de Fátima Ferreira da Silva   
Dirección: María Belén Martín Lucas
Programa de doutoramento: Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura
Data: 4 de abril de 2024

Un marco para desarrollar agentes de conversación inteligentes para la autogestión y el apoyo del paciente
Autoría: Guillermo Blanco González   
Dirección: Analia María García Lourenco
Programa de doutoramento: Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables
Data: 4 de abril de 2024

Flexible and Highly Scalable Slanted Grating Couplers for Sensing Applications
Autoría: Vahram  Voskerchyan   
Dirección: Francisco Javier Díaz Otero
Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Data: 3 de abril de 2024

Paroxysmal Nocturnal Hemoglobinuria: Unraveling Epidemiological Patterns, Molecular Mechanisms, and Biotechnological Advances
Autoría: Vanda Patrícia Pinto Peixoto    
Dirección: Sérgio Filipe Maia Sousa e Mónica Almeida Vieira
Programa de doutoramento: Biotecnoloxía Avanzada
Data: 3 de abril de 2024

Percepciones de profesores y profesoras en formación inicial acerca de la utilización inclusiva del juego para el aprendizaje de las ciencias con enfoque de género
Autoría: Daniela Fabiola  Barría Diaz  
Dirección: Azucena Arias Correa e María Mercedes Álvarez Lires
Programa de doutoramento: Equidade e Innovación en Educación
Data: 2 de abril de 2024

Design and characterisation of a fully integrated indium phosphide transmitter for satellite optical communications 
Autoría: Peter  Forde Eoin    
Dirección: Francisco Javier Díaz Otero
Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Data: 29 de novembro de 2023

 

 

Defensas por videoconferencia

As persoas interesadas en asisitir ás defensas de teses anunciadas por videoconferencia deberán solicitar o acceso, de acordo coas seguintes instrucións:

  • Dirección das teses
  • Coordinación do programa de doutoramento ao que se adscribe a tese
  • Dirección da Eido (eido.dir@uvigo.gal)


Próximas lecturas

 

A escrita acusmática: definición, análise e estilo 
Autoría: Berio Molina Quiroga       
Dirección: Ignacio Fernando Barcia Rodríguez
Programa de doutoramento: Creación e Investigación en Arte Contemporánea
08​​​​​/04​/2024 | 11:30 horas
Lugar: Sala do Departamento de Escultura da Facultade de Belas Artes. Pontevedra

Graffiti y abstracción. Presencia e influencia del graffiti en la pintura abstracta contemporánea 
Autoría: Eric Balbuena González       
Dirección: Ignacio Perez-Jofre Santesmases
Programa de doutoramento: Creación e Investigación en Arte Contemporánea
10​​​​​/04​/2024 | 11:30 horas
Lugar: Sala reunións do Departamento de Escultura da Facultade de Belas Artes. Pontevedra

Do desencantamento ao (re)encantamento do mundo: a questão religiosa no romance de José Saramago
Autoría:  Vanda María de Gouveia Fernandes      
Dirección: Burghard Baltrusch
Programa de doutoramento: Estudos Literarios
17​​​​​/04​/2024 | 10:30 horas
Lugar: sala B3, Salón de Graos, da Facultade de Filoloxía e Tradución

Axially chiral allenophanes as synthetic receptors in molecular recognition events
Autoría: Jonathan Álvarez García   
Dirección: María Magdalena Cid Fernández
Programa de doutoramento: Ciencia e Tecnoloxía Química
25/04​/2024 | 11:30 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Experimentais

Repercusión de la tutoría en el clima de aula y la inteligencia emocional 
Autoría: Javier Fernández Quintas       
Dirección: Manuela Raposo Rivas
Programa de doutoramento: Equidade e Innovación en Educación
25/04​/2024 | 17:30 horas
Lugar: Aula de Grao (4º piso) da Facultade de Educación e Trabajo Social. Campus Ourense

Ficcións apropiadas: humor e feminismos nas artes visuais nas últimas décadas 
Autoría: Sabela Fraga Costa        
Dirección: Xosé Manuel Buxán Bran e Juan Manuel Monterroso Montero
Programa de doutoramento: Creación e Investigación en Arte Contemporánea
26​​​​​/04​/2024 | 14:30 horas
Lugar: Acto de defensa por videoconferencia

Niveles de exigencia cognitiva en tareas de matemáticas (ESO)
Autoría:  Laia Francina Tugores Blanco    
Dirección: Manuela Raposo Rivas e Fernando Tellado González
Programa de doctorado: Equidade e Innovación en Educación
​​​26​​​​​/04​/2024 | 11:00 horas
Lugar: Salón de Graos do edificio Xurídico-Empresarial (Facultade de Dereito, campus Ourense)

Crosslinguistic influence and Motion Events in Multiple Language Acquisition
Autoría:  Mohammed Chenteur    
Dirección: María Rosa Alonso Alonso
Programa de doutoramento: Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura
​​​30​​​​​/04​/2024 | 10:00 horas
Lugar: Acto de defensa por videoconferencia

Implementation of a Photonic Chip for Quantum Communications
Autoría:  Nelson Filipe Duarte Pinto    
Dirección: Francisco Javier Díaz Otero
Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
​​​30​​​​​/04​/2024 | 12:30 horas
Lugar: Acto de defensa por videoconferencia

Análisis longitudinal de la lógica interna del breaking mediante parámetros temporales y secuenciales
Autoría:  Alberto Pérez Portela      
Dirección: Alfonso Gutierrez Santiago e Iván Prieto Lage
Programa de doutoramento: Creatividade e Innovación Social e Sostible
03​​​​​/05​/2024 | 11:00 horas
Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación e  Deporte. Pontevedra​

Caracterización molecular y funcional de las alteraciones de core fucosilación en un modelo celular de cáncer colorrectal humano
Autoría:  Rubén López Cortés     
Dirección: Emilio Gil Martín e María Almudena Fernández Briera
Programa de doutoramento: Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida
07​​​​​/05​/2024 | 11: 30 horas
Lugar: novo salón de graos da Facultade de Ciencias

Development of Optically Detected Magnetic Resonance techniques for intracellular magnetic and temperature sensing 
Autoría: Filipe Miguel Cruz Camarneiro           
Dirección: Jana Berit Nieder
Programa de doutoramento: Láser, Fotónica e Visión
08​​​​​/05​/2024 | 15: 00 horas
Lugar: Acto de defensa por videoconferencia

The central noradrenergic system in a kaolin-induced model of hydrocephalus: implications for pain modulation and micturition control
Autoría:  Marta Ponteira Louçano    
Dirección: Isaura Tavares e Maria Cristina Prudêncio Pereira Soares
Programa de doutoramento: Biotecnoloxía Avanzada
10​​​​​/05​/2024 | 11:00 horas
Lugar: Acto de defensa por videoconferencia

Avaliação de terrenos agrícolas situados na província do Huambo, em Angola
Autoría:  Ezequiel Rodrigues Lote       
Dirección: Fernando António de Oliveira Tavares
Programa de doutoramento: Análise Económica e Estratexia Empresarial
11​​​​​/05​/2024 | 12:00 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 

Xosé Filgueira Valverde, unha traxectoria como educador (1939-1996) 
Autoría: Germán Manuel Torres de Aboal         
Dirección: Xosé Manuel Cid Fernández
Programa de doctorado: Ciencias da Educación e do Comportamento 
14​​​​​/05​/2024 | 11:00 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Educación e Traballo Social (Campus de Ourense)

Coupling between the DualSPHysics solver and multiphysics libraries: implementation, validation and real engineering applications 
Autoría:  Iván Martínez Estévez       
Dirección: José Manuel Domínguez Alonso e Alejandro Jacobo Cabrera Crespo
Programa de doutoramento: Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
23​​​​​/05​/2024 | 10:30 horas
Lugar: Salón de Graos do Edificio Politècnico. Campus de Ourense

Actitudes alimentarias, imagen corporal y autoestima en jóvenes atletas colombianos
Autoría:  Isabel Cristina Rojas Padilla     
Dirección: María José Martínez Patiño y Iago Portela Pino
Programa de doctorado: Educación, Deporte e Saúde
30​​​​​/05​/2024 | 11:00 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Pontevedra

Consulta a base de datos de teses de doutoramento

Consulta TESEO

 

Preguntas frecuentes sobre teses

Non, debe reflectir o ámbito temático da tese, pero poderá modificarse durante o desenvolvemento da tese sempre que respecte o citado ámbito temático. A súa modificación implicará a modificación do Plan de investigación e será necesaria a valoración positiva da persoa que titorice ou dirixa a tese (perfil autorizado) e pola Comisión Académica do Programa de doutoramento.

Se a dedicación é a tempo completo, o máximo son tres anos (con prórroga de un ano e, excepcionalmente, dun ano adicional ata un máximo de cinco anos). Se é a tempo parcial, cinco anos (con prórroga de dous anos e, excepcionalmente, dun ano adicional ata un máximo de oito anos).
 

A duración mínima dos estudos de doutoramento será, a tempo completo e a tempo parcial, de 18 meses, que se contarán desde a admisión do doutorando/a ata a presentación da solicitude do depósito da tese de doutoramento.
 

Unha vez que estea en exposición pública, non poderán facerse modificacións.

Non, as baixas por enfermidade non contabilizan. O/a doutorando/a poderá solicitarlle á CAPD a baixa temporal no programa por enfermidade, embarazo ou por calquera outra causa prevista na normativa vixente por un período máximo dun ano, ampliable ata un ano. 
 

A defensa pública deberá realizarse nun prazo máximo de tres meses desde a autorización da defensa polo órgano designado pola escola de doutoramento (Comisión Permanente da EIDO), salvo causas debidamente xustificadas. Se se supera este prazo, deberán iniciarse de novo os trámites de autorización da tese para a súa defensa. 
 

A proposta do tribunal correspóndelle á CAPD, despois de oír o director/a da tese (ou de ser o caso, o titor/a). Propoñerá unha relación de sete membros do tribunal que avaliarán a tese. A Comisión Permanente da Eido aprobará e nomeará un tribunal de cinco membros de entre os sete membros propostos pola CAPD. Estes membros cumprirán co criterio de paridade e de externalidade e a proposta non poderá incluír máis de dous membros por institución.

No caso de teses presentadas por compendio de publicacións, non poderán formar parte do tribunal os/as coautores/as das publicacións. Aplícase o mesmo se algún dos capítulos está baseado nun artigo xa publicado como anexo á tese. Tampouco poderá formar parte do tribunal a persoa responsable da estadía.
 

A tese debe incluír un mínimo de tres artigos de investigación, publicados ou con aceptación definitiva para a súa publicación. Os artigos deben estar editados en revistas indexadas na listaxe do ámbito correspondente do Journal Citation Reports (SCI e/ou SSCI). Nas áreas en que non sexa aplicable este criterio, poderá substituírse polas bases relacionadas pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) para estas áreas.
 

O profesorado dos corpos docentes universitarios poderá formar parte dos tribunais de teses de doutoramento aínda que estean en situación de excedencia, xubilación, servizos especiais ou en comisión de servizos.

A lei determina que as teses deben publicarse en aberto. Non obstante, en caso de conflito, existe a posibilidade de solicitar o aprazamento da publicación da tese en aberto. Nas teses por compendio de artigos non existe este problema porque os traballos xa foron aceptados previamente para a súa publicación e así se fai constar ao publicar a tese.
 

Si, é posible sempre e cando se cumpran todos os requisitos establecidos para cada unha delas. A empresa na que se traballa ten que estar de acordo en que o/a doutorando/a realice unha estadía de investigación de polo menos tres meses nun centro estranxeiro.
 

Si, enviando una solicitude de preinscrición por cada un dos programas solicitados. En caso de ser admitido en varios, a matrícula só poderá realizarse nun deles.
 

Poderán dirixir teses de doutoramento todas as persoas doutoras españolas ou estranxeiras con experiencia investigadora acreditada, sempre e cando estean autorizadas pola Comisión Académica do Programa de doutoramento. No caso de que non pertenza ao programa (consultar os recursos humanos en cada Programa de doutoramento),deberá ter un/unha titor/a dentro do programa.
 

Si, sempre que a Comisión Académica o autorice, por motivos xustificados, oídos o doutorando e o director/a ou codirectores/as
 

TESEO é unha base de datos coa a información das teses de doutoramento. A páxina do Ministerio de Educación está creada para permitirlles ás persoas que se doutoren no futuro, introducir os datos da súa tese no sistema. O sistema controlará os distintos pasos polos que pasa a tese e, unha vez aprobada esta, quedará almacenada no sistema para poder ser consultado dende Internet.

É a persoa que, sendo director ou titor dun doutoramento, se encarga de dar traslado á aplicación informática e de xestionar as distintas actividades achegadas polo alumnado para o seu documento de actividades e o plan de investigación. 
 

A tese poderá ser codirixida por un máximo de dúas persoas, sempre que concorran razóns académicas, de interdisciplinaridade ou sexa desenvolvida en colaboración nacional ou internacional. Á codirección necesita autorización da CAPD.
 

Soamente nos casos de teses en cotutela ou doutoramento industrial.

Non temos formulario. Cada institución emite o seu informe nun documento onde ten que vir claramente identificada a universidade ou o organismo de investigación que o emite mediante o seu anagrama ou logotipo, unha descrición da tese e a sinatura e selo da institución. Eses informes deben estar en español, galego ou inglés para que o poidan entender os e as avaliadoras.