Programa de Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Información administrativa

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Coordinación do título

Roberto Jesús Barcala Furelos

Centro ao que se adscribe

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Pontevedra

Código RUCT

    • Alejandra Alonso Calvete

      Nome: Análise das adaptacións neuromusculares e fisiolóxicas producidas polo rodillo de foam.
      Data de lectura:
      Tese con mención internacional
      Directores:

      Ezequiel Rey Eiras, Cristian Abelairas Gómez

    • Ariadna Hernáiz Sánchez

      Nome: ¿Que é un alumno fisicamente ben educado?
      Data de lectura:
      Directores:

      María de los Ángeles Fernández Villarino, MIGUEL GONZÁLEZ VALEIRO

    • Anton Kalén .

      Nome: Estratexias de selección de talento e evolución do alto rendemento no baloncesto
      Data de lectura:
      Directores:

      Ezequiel Rey Eiras

    • María Pichel López

      Nome: Estudio prospectivo de tres modelos de ensino de RCP na edade escolar.
      Data de lectura:
      Directores:

      Roberto Jesús Barcala Furelos

    • Martín Otero Agra

      Nome: Influencia na calidade da Reanimación Cardiopulmonar no ámbito escolar e deportivo: Estudo de diferentes factores.
      Data de lectura:
      Directores:

      Roberto Jesús Barcala Furelos

    • Alexandra Pérez Ferreirós

      Nome: Análise do rendemento en baloncesto: Fiabilidade e aplicacións das estatísticas de xogo
      Data de lectura:
      Tese con mención internacional
      Directores:

      Ezequiel Rey Eiras

    • Carlos Lago Fuentes

      Nome: Optimización do rendemento físico-deportivo no fútbol sala feminino: dende a epidemioloxía lesional a unha proposta de intervención.
      Data de lectura:
      Directores:

      Ezequiel Rey Eiras

    • Alexis Padrón Cabo

      Nome: Análise dos procesos de selección e das decisións técnico-tácticas no fútbol profesional.
      Data de lectura:
      Tese con mención internacional
      Directores:

      Ezequiel Rey Eiras

    Descrición

    A actividade física, nas súas dimensións deportiva, educativa e de saúde alcanzou unha presenza destacada na sociedade do século XXI. Ao aumento e mellora do equipamento e das instalacións deportivas nos últimos anos, uníronse maiores orzamentos públicos e privados para a xestión deportiva, incrementándose as cifras de emprego no sector, tanto no exercicio de labores docentes, no desenvolvemento do rendemento deportivo, como na xestión deportiva.
    As razóns que xustifican a investigación neste ámbito son: · O crecente grao de sedentarismo que está a contribuír a un aumento da prevalencia de patoloxías crónicas e a unha diminución da calidade de vida na poboación, constituíndo a actividade física unha das principais medidas para paliar os devanditos efectos adversos. · A necesidade constante de actualizar o uso da actividade física e deportiva como ferramenta educativa e de lecer saudable. · A extensión e importancia social do deporte de competición fan necesario un maior coñecemento dos seus antecedentes, os seus aspectos socio-económicos e as súas repercusións sobre o organismo. Por iso, este programa de doutoramento expón como finalidade a formación e especialización nas técnicas de investigación relacionadas co Deporte, a Educación Física e o Exercicio Físico Saudable.
    Este Programa de Doutoramento realízase de forma conxunta pola Universidade da Coruña- Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física e a Universidade de Vigo - Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

    Ano comezo impartición: 2015
    Data publicación no DOG:
    Data publicación no BOE:
    Prazas de novo ingreso: 5

    • Rehabilitación na enfermidade de Parkinson
    • Emoción na práctica de deportes na natureza
    • Psicoloxía aplicada ao deporte e ao exercicio físico
    • Análise do pensamento e comportamento do profesor/entrenador e do alumno/deportista
    • Composición corporal e gasto enerxético
    • Comportamiento motor
    • Epidemioloxía da actividade física e a condición física saudable
    • Socorrismo e rescate acuático
    • Análise do rendemento en deportes colectivos
    • Actividade física, entorno urbano e saúde
    • Sistema de neuronas espello
    • Control motor na actividade física, saúde e deporte
    • Análise do rendemento en deportes artísticos
    • Análise do rendemento en deportes artísticos e expresivos
    • Entrenamento neuromuscular en xoves, e en deportes de equipo
    • Biomecánica do movemento humano
    • Innovacións na avaliación de contextos naturais aplicados ao deporte
    • Parámetros de rendemento no entrenamento de resistencia, e aplicacións ao exercicio físico saudable
    • Adaptacións neuromusculares e cardiovasculares no entrenamento de forza
    • Xénero, deporte, actividade física saudable e calidade de vida
    • Medo e patrón motor

    O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.

    Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.

    A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.