Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporáneo pola Universidade de Vigo

Área de coñecemento

Área de Artes e Humanidades

Información administrativa

Facultade de Belas Artes

Coordinación do título

Juan Carlos Meana Martínez

Centro ao que se adscribe

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Pontevedra
  • Yolanda Ríos Coello

    Nome: A construcción sensible do espazo privado na arte: do cuarto propio ao cuarto propio conectado
    Data de lectura:
    Tese con mención internacional
    Directores:

    María Consuelo Matesanz Pérez

  • María de la Luz Feijóo Cid

    Nome: CORPO E PINTURA. EXTENSIÓN DO ACTION PAINTING DE JACKSON POLLOCK NA PRÁCTICA ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA
    Data de lectura:
    Directores:

    María Almudena Fernández Fariña

  • Gonzalo José Rey Villaronga

    Nome: Estratexias creativas da arte fronte á dividualización
    Data de lectura:
    Directores:

    Juan Carlos Meana Martínez, ELÍAS MIGUEL PÉREZ GARCÍA

  • Manuel Mas Martín-Cortés

    Nome: Dionisio Canas: prácticas artísticas dun poeta, un percorrido pola periferia.
    Data de lectura:
    Directores:

    Juan Carlos Meana Martínez

  • José Francisco García

    Nome: SECOND LIFE, REALIDADE DUPLICADA E PRAXIS ARTÍSTICA NO METAVERSO
    Data de lectura:
    Directores:

    Juan Carlos Meana Martínez

  • María José Prada Rodríguez

    Nome: O libro en abismo. Relacións e transferencias entre imaxe e dispositivo no libro de artista.
    Data de lectura:
    Tese con mención internacional
    Directores:

    Alberto José Ruíz de Samaniego García, Ann Heyvaert

  • Román Padín Otero

    Nome: A articulación da moda no espazo museístico no cambio de milenio.
    Data de lectura:
    Directores:

    María Dolores Dopico Aneiros

Descrición

A creación artística é unha actividade xeradora de coñecemento, cunhas esixencias metodolóxicas propias que atenden á produción, o análise e a interpretación artísticas, axuntando creación e investigación.
A integración da produción artística no contexto cultural é a que permite unha rexeneración das capacidades simbólicas, así como a permanente reelaboración dos parámetros estéticos que a constitúen, contribuíndo e influíndo na maneira de percibir, sentir e conceptualizar os valores que rexen nunha sociedade.
Os contextos sociais na terceira cultura implican unha interrelación moito máis sistémica. Iso precisa a incorporación ao noso contexto cultural de suxeitos altamente responsables, creativos e con gran capacidade de análise da contorna.
O ensino e investigación artísticas han de entenderse como unhas actividades interdisciplinares que poñen en xogo os recursos perceptivos, emocionais e conceptuais que incumben ao cidadán, procurando un maior e mellor nivel cultural, unha integración nos contextos, un coñecemento responsable para contribuír ao enriquecemento do patrimonio cultural e á súa transmisión.
Neste novo contexto, a figura do/a artista como profesional ou investigador/a, integrado en equipos interdisciplinares, perfílase como unha das máis sólidas saídas profesionais.

Obxetivos:
Formar artistas e investigadores/as que entendan a arte como unha forma de coñecemento integral, que o insira no seu contexto sociocultural e o relacione con diferentes disciplinas.
Capacitar a artistas e investigadores/as para articular respostas cuestións expostas mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación artísticos innovadores Capacitar a artistas e investigadores/as para transmitir e proxectar, con sentido analítico e crítico, os coñecementos adquiridos durante as súas producións e/ou investigación.

Ano comezo impartición: 2013
Data publicación no DOG:
Data publicación no BOE:
Prazas de novo ingreso: 10

  • Modelos relacionales na investigación artística
  • Gnoseoloxía da arte. A escultura como saber. A arte nas sociedades do coñecemento
  • Creación, investigación, coñecemento, produción, difusión e xestión na arte contemporánea.
  • Procesos de creación e investigación: Aproximación a unha epistemoloxía da arte. Posta en escena de relatos espacio temporais complexos. Escultura e instalación. Arte e espazo público.
  • Arte e antropoloxía
  • Imaxe mental. Imaxes mentais e creatividade
  • Poéticas do proceso; evolución e complexidade Los dispositivos de reprodución dende o trinomio arte, ciencia e tecnoloxía. Estratexias diverxentes na práctica artística contemporánea
  • A dimensión escultórica das prácticas artísticas: Procesos de materialización e visualización. Situacións de alteridade. Espacialidad.
  • Formas de procesar. A idea de proceso como acto creativo
  • O funcionamento das linguaxes artísticas nos seus procesos de creación
  • Identidades non normativas
  • Identidades periféricas. Prácticas artísticas non objetuales, prácticas artísticas derivadas de cultura e mercado GLBT, práctica artística e muller, masculinidades
  • Miradas e invención de identidades
  • Arte e identidade
  • Imperfeccións na memoria. A vaguidade de ver. Produción de autobiografías e biografías axenas dende a representación artística e a escritura. Obras de anónima factura.
  • Pintura no campo expandido. Aperturas e derivas da pintura contemporánea.
  • Aperturas e derivas na pintura contemporánea. Relación Pintura, cine, ilustración e animación.
  • A utilización de procedementos e técnicas alleas á corrente dominante da historia da arte e a tradición artística, a revisión dos xéneros e categorias
  • Fronteira e desbordamentos entre xéneros e medios
  • Negación da representación
  • A reciprocidade do apropiacionismo simbólico no declive da arte contemporánea española
  • Fotografía creativa contemporánea. Fotografía histórica galega.
  • Arquivo, site specific, working progress
  • Arte e Arquitectura. Arte e espazo social.
  • Debuxo e gráfica contemporánea
  • Pintura contemporánea. Percorridos urbanos.
  • Gráfica contemporánea de campo expandido e arte múltiple
  • Orixinal, copia, imitación, plaxio
  • Arte gráfica. Múltiple e transformación.
  • O retrato imposible. Fotografía e corpo
  • Vestir o corpo. Narrativas na arte contemporánea
  • Proxectos de arte de acción que utilicen o corpo, o tempo e o espazo como ferramentas fundamentais.
  • Creación, investigación, coñecemento, produción, difusión e xestión na arte contemporánea. Arte e xénero. Corpo e escultura.
  • Estudos sobre a produción cultural en Galicia. Políticas culturais aplicadas.
  • Creación, investigación, coñecemento, produción, difusión e xestión na arte contemporáneo.Historia e crítica da arte. Arte pública.
  • Hª da arte contemporánea Proyectos expositivos. As marxes da modernidade: Interrelación entre arte, deseño e moda. Hª da arquitectura contemporánea: Espectáculo e posmodernidade
  • Historia do deseño e a Tipografía

O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.

Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.

A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.