Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Centro ao que se adscribe

Coordinación do título

Maria Angeles Pilar Parrilla Latas

Información administrativa

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Pontevedra

Código RUCT

5600884
  • María Dolores Pesántez Palacios

    Nome: Análise das prácticas inclusivas do profesorado universitario: estudo de caso da carreira de Educación Especial da Universidade Nacional de Educación
    Data de lectura:
    Tese con mención internacional
    Directores:

    Maria Angeles Pilar Parrilla Latas

  • José Francisco Serrallé Marzoa

    Nome: A historia das ciencias no desenvolvemento de competencias científicas: unha perspectiva socioconstructivista e de xénero.
    Data de lectura:
    Directores:

    María Mercedes Álvarez Lires, Uxío Pérez Rodríguez

  • Silvia Sierra Martínez

    Nome: Cara a unha Pedagoxía da Transición: Camiñando de Infantil a Primaria.
    Data de lectura:
    Directores:

    Maria Angeles Pilar Parrilla Latas

  • María Mercedes Varela Losada

    Nome: Educación Ambiental para a Sustentabilidade na formación inicial de profesorado de Educación Infantil e Primaria
    Data de lectura:
    Directores:

    María Mercedes Álvarez Lires, Uxío Pérez Rodríguez, Pedro Vega Marcote

Descrición

O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación é un proxecto conxunto das Universidades do noroeste peninsular: Universidade de Vigo (universidade coordinadora), Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade de Oviedo e Universidade de Cantabria. Nestas Universidades ofrecemos un programa de doutoramento común para a formación e especialización de profesionais na investigación comprometida coa innovación e a igualdade de oportunidades na educación.

O programa está especialmente dirixido a promover a investigación sobre procesos de innovación para a mellora das condicións escolares, educativas e sociais en que se desenvolven a infancia e a mocidade desde unha perspectiva sempre comprometida coa equidade. Este eixe temático vertébrase arredor de dúas liñas de investigación: a) Procesos de inclusión e exclusión socio-educativa e b) Innovación para a equidade educativa. Ambas as liñas se desglosan en campos específicos que permitirán ao persoal investigador en formación ampliar e profundar no seu coñecemento sobre numerosos aspectos relacionados coa equidade educativa, a innovación e mellora da educación.

O programa de doutoramento está integrado por mais de 70 doutores e doutoras pertencentes ao profesorado das Universidades que conforman este programa. Contan cunha importante produción científica, dirixen un amplo abanico de proxectos de investigación nacionais e europeos e manteñen colaboracións estables con redes e centros de investigación internacionais. Todo iso dota ao programa dunha alta especialización e unha clara orientación interuniversitaria e internacional, o que facilita a mobilidade de estudantes entre Universidades, as estadías noutros centros de investigación e a obtención do "doutoramento internacional".

Ano comezo impartición: 2013
Data publicación no DOG:
Data publicación no BOE:
Prazas de novo ingreso: 10

  • Abandono e Fracaso Escolar
  • Equidad e inclusión para la mejora escolar
  • Materiales Curriculares y Equidad
  • O enfoque de xénero nos procesos de exclusión e inclusión
  • Plurilingüismo: inclusión e equidade de linguas
  • Equidad, cambio social e desenvolvemento sostenible
  • Benestar, infancia e mocidade
  • Colectivos en situación ou risco de exclusión social
  • Educación intercultural
  • Procesos de ensino aprendizaxe para a equidade
  • Educación mediática e competencia dixital para a equidade
  • Desenvolvemento de competencias docentes para a equidad
  • Asesoramiento e orientación como apoio para a calidade e equidade na educación
  • Innovación nas materias curriculares
  • Políticas educativas innovadoras e xustiza social
  • A construción histórica dunha cultura escolar inclusiva e innovadora
  • Procesos de inclusión e exclusión socioeducativa
  • Innovación para a equidade educativa

Técnicas Cuantitativas de Investigación e Análise de Datos

Técnicas Cualitativas de Investigación e Análise de Datos

Proxectos e informes de investigación

Metodologías Cualitativas en la Investigación Socioeducativa

Innovación e investigación didáctica

O Real Decreto 99/2011 de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, establece no seu artigo 10.3 que os programas de doutoramento deberán someterse a un procedemento de avaliación cada seis anos a efectos da renovación da acreditación á que se refire o artigo 24 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro.

Neste contexto a ACSUG, en base aos criterios definidos pola REACU, e de acordo cos estándares internacionais de calidade, establece as liñas básicas de actuación para os procesos de verificación, seguimento, modificación e renovación da acreditación (VSMA).

Na Escola Internacional de Doutoramento (Eido) xunto coa Área de calidade da Uvigo estase traballando no deseño dun Sistema de Garantía da Calidade (SGC) que facilite os procesos derivados das directrices nacionais e internacionais en materia de calidade.