Programa de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura

Área de coñecemento

Área de Artes e Humanidades

Información administrativa

Facultade de Filoloxía e Tradución

Coordinación do título

Javier Pérez Guerra

Centro ao que se adscribe

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Vigo
  • Yolanda Fernández Pena

    Nome: Factores determinantes da concordancia de número con suxeitos colectivos complexos: Un estudo de corpus en inglés
    Data de lectura:
    Tese con mención internacional
    Directores:

    Javier Pérez Guerra

  • Laura García Castro

    Nome: O perfil de complementación de REMEMBER nos ingleses post-coloniais
    Data de lectura:
    Tese con mención internacional
    Directores:

    Elena Celsa Seoane Posse, Cristina Suárez Gómez

  • Selene Molares Pascual

    Nome: Estratexias de travestismo e ambigüidade de xénero en ficción especulativa xuvenil estadounidense: Conformidade ou transgresión?
    Data de lectura:
    Tese con mención internacional
    Directores:

    Belén Martín Lucas

  • José Carregal Romero

    Nome: Redefinicións Contemporáneas da Familia Irlandesa na Ficción de Colm Tóibín
    Data de lectura:
    Tese con mención internacional
    Directores:

    María Teresa Caneda Cabrera

  • María Evelynt Gandón Chapela

    Nome: Un estudo de corpus sobre a elipse post-auxiliar no inglés moderno: implicacións metodolóxicas e teóricas.
    Data de lectura:
    Directores:

    Javier Pérez Guerra

Descrición

O programa de doutoramento interuniversitario en Estudos Ingleses avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura, participado polas Universidades de Santiago de Compostela (USC), A Coruña (UDC) e Vigo (UVIGO), é un programa acreditado que atende os altos estándares de excelencia do Sistema Europeo de Educación Superior. Este programa de doutoramento parte de programas anteriores que recibiron o recoñecemento oficial de excelencia do Ministerio de Eduación español. O principal obxectivo do programa en Estudos Ingleses é adestrar os/as estudantes a desenvolver investigacións en diferentes eidos dos Estudos Ingleses. En concreto, aos/ás doutorandos/as proporcionaranselle as habilidades e competencias profesionais para escribir unha tese de doutoramento baixo a supervisión de expertos/as dos tres departamentos implicados no programa. Isto pode incluír o seguinte: identificar un obxecto de estudo e desenvolver un método de análise que produza resultados innovadores; ser capaz de escribir en inglés de acordo coas convencións e demandas académicas; poder interpretar e utilizar a literatura en diferentes campos dos Estudos Ingleses; presentar e dar a coñecer os resultados nas reunións académicas nacionais e internacionais; ser capaz de comprender e valorar criticamente a recepción dos resultados por parte da comunidade académica; finalmente, usar eficazmente as tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ás diferentes áreas dos Estudos Ingleses.

Ano comezo impartición: 2013
Data publicación no DOG:
Data publicación no BOE:
Prazas de novo ingreso: 10

  • Estudos de Literatura e Cultura Inglesas
  • Estudos de corpus, cognición, variación e cambio na lingua inglesa
  • Estudos de Literatura e Cultura Norteamericana
  • Lingüística Aplicada a tradución e ensino do inglés
  • Estudos do discurso en lingua inglesa
  • Literatura e cultura irlandesas
  • Outras literaturas en lingua inglesa

Métodos e Recursos de Investigación Lingüística e a súa Aplicación á Lingua Inglesa

Inglés para Fíns Específicos

Modelos e Teorías Lingüísticas e a súa Aplicación á Lingua Inglesa

Lingüística Contrastiva Aplicada á Lingua Inglesa

Adquisición e Ensino do Inglés

Variación e Cambio na Lingua Inglesa

Lingüística Informática e de Corpus Aplicadas á Lingua Inglesa

Cognición e Procesos Cognitivos en Lingua Inglesa

Métodos e Recursos de Investigación Literario-Cultural no Ámbito Anglófono

Estudos Ingleses e Medios de Comunicación

Discurso Literario e Sociedade nos Países de Fala Inglesa

Perspectivas Transculturais no Ámbito Anglófono

Modelos de Interpretación Literario-Cultural nos Países da Fala Inglesa

Pragmática e Análise do Discurso en Lingua Inglesa

Literatura e Diversidade Cultural no Ámbito Anglófono

Movementos Literarios e Culturais dos Países de Fala Inglesa

Literaturas e Perspectivas de Xénero no Ámbito Anglófono

Manifestacións Artísticas e Literarias dos Países de Fala Inglesa

Xéneros e Modos Literarios en Lingua Inglesa

Negociacións Textuais e Culturais nos Países de Fala Inglesa

O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.

Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.

A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.