Programa de doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura
Área de Artes e Humanidades

Información administrativa

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Coordinación do título

Julia Armesto González

Centro ao que se adscribe

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Vigo

Código RUCT

    Descrición

    O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña pretende xerar un espazo de encontro interprofesional entre os distintos axentes que participan na protección do patrimonio nas súas diferentes perspectivas: documentación e valoración, caracterización dos materiais e da contorna que o rodea, mecanismos de deterioro e diagnóstico e finalmente intervención directa ou indirecta sobre o patrimonio co obxecto de protexelo.

    Ano comezo impartición: 2019
    Data publicación no DOG:
    Data publicación no BOE:
    Prazas de novo ingreso: 7

    • Caracterización de materiais e contorna, diagnóstico e intervención directa
    • Xeotecnoloxías aplicadas ao patrimonio
    • Patrimonio cultural: Territorio, identidade e memoria

    O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.

    Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.

    A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.