Programa de doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura
Área de Artes e Humanidades

Centro ao que se adscribe

Coordinación do título

Información administrativa

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Vigo

Código RUCT

5601405
Data publicación no DOG:
Data publicación no BOE:
Prazas de novo ingreso: 5

  • Caracterización de materiais e contorna, diagnóstico e intervención directa
  • Xeotecnoloxías aplicadas ao patrimonio
  • Patrimonio cultural: Territorio, identidade e memoria

O Real Decreto 99/2011 de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, establece no seu artigo 10.3 que os programas de doutoramento deberán someterse a un procedemento de avaliación cada seis anos a efectos da renovación da acreditación á que se refire o artigo 24 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro.

Neste contexto a ACSUG, en base aos criterios definidos pola REACU, e de acordo cos estándares internacionais de calidade, establece as liñas básicas de actuación para os procesos de verificación, seguimento, modificación e renovación da acreditación (VSMA).

Na Escola Internacional de Doutoramento (Eido) xunto coa Área de calidade da Uvigo estase traballando no deseño dun Sistema de Garantía da Calidade (SGC) que facilite os procesos derivados das directrices nacionais e internacionais en materia de calidade.