Grao en Administración e Dirección de Empresas

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 60
Número de cursos: 4
Código:
V55G020V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Grao impartido nun centro adscrito

O alumnado abóalle á universidade os prezos administrativos e o 25% dos prezos por servizos académicos e ao centro adscrito a contía que este estableza. Máis información na web do centro.

Coordinación do título

Ana Conde Borrajo

    Descrición

    O obxectivo central do título de Grao en Administración e Dirección de Empresas inclúe unha tripla perspectiva: o estudo das organizacións, a súa xestión e o entorno cambiante no que desenvolven as súas actividades, a formación de profesionais capaces de desempeñar tarefas de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas, e a unión das competencias aprendidas e o desenvolvemento persoal para contribuír á sociedade. Todos estes labores desenvolveranse no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.

    -Produción.
    -Recursos humanos.
    -Financiamento.
    -Comercialización.
    -Investimento.
    -Administración.
    -Contabilidade.

    -Ter amplos coñecementos e comprender as distintas áreas das empresas e a súa xestión coñecendo as relacións entre elas, as súas funcións e importancia.
    -Ter unha visión da empresa e da súa xestión influenciada por unha variedade de recursos educativos incluíndo aprendizaxe titorizada, traballo en equipo e estudo autónomo.
    -Capacidade para desenvolver e aplicar as propias perspectivas aos estudos, xestionar a incerteza e a complexidade, explorar solucións alternativas, demostrar avaliación crítica e ser quen de integrar a teoría nun amplo rango de situacións.

    A optatividade circunscríbese ao segundo semestre do terceiro e cuarto curso, momento no que o estudantado poderá participar nun programa de mobilidade. A estrutura do plan de estudos permítelle ao alumnado optar por unha temporalidade anual ou semestral, dependendo das súas circunstancias persoais.
    A mobilidade de estudantes articúlase en torno a cinco programas: Sicue, que ofrece 59 prazas repartidas en 17 universidades españolas; Erasmus, con 93 prazas repartidas en 47 universidades europeas; ISEP, que ofrece prazas de intercambio en 130 universidades americanas; as bolsas de intercambio propias, que ofrecen prazas en 40 universidades estranxeiras, principalmente de América Latina; e, finalmente, o programa AFECA, un programa intensivo de contabilidade e auditoría no que se realizan casos prácticos.

    Non se esixe que o alumnado teña unha formación específica previa para cursar esta titulación. En calquera caso, é recomendable que o estudantado teña interese no campo da xestión de organizacións, tanto empresariais como de calquera outro tipo, e que posúa algúns dos seguintes trazos:
    -Motivación e interese polo mundo da economía e a empresa.
    -Iniciativa e espírito de liderado para crear e xestionar negocios xeradores de emprego.
    -Dinamismo para enfrontarse a problemas e propoñer solucións.
    -Capacidade para integrar e dirixir equipos humanos.