Grao en Ciencias Ambientais

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 45
Número de cursos: 4
Código:
O01G261V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias

Coordinación do título

Elena Martínez Carballo

    Descrición

    O Grao en Ciencias Ambientais está constituído por uns estudos cun marcado contido multidisciplinario e outorga ás persoas tituladas a formación idónea para abarcar os problemas ambientais desde diversos ámbitos do coñecemento.

    - Formación e educación ambiental.
    - Investigación.
    -Sistemas de xestión da calidade ambiental na empresa e organizacións. Auditorías.
    - Xestión ambiental na administración.
    - Consultaría e avaliación de impacto ambiental.
    - Tecnoloxía ambiental industrial.
    - Xestión do medio natural.

    - O perfil xeral do grao en Ciencias Ambientais debe estar orientado cara á formación de profesionais cunha visión multidisciplinaria e global da problemática ambiental, enfocada dende diversos sectores do coñecemento. O/A titulado/a en Ciencias Ambientais será capaz, dende esta visión ampla, de coordinar e completar os traballos de especialistas en distintas áreas.
    - As ensinanzas conducentes á obtención do título de Grao en Ciencias Ambientais deberán proporcionar unha formación axeitada nos diferentes aspectos do medio. Un bo profesional do medio debe ser capaz de tratar a problemática ambiental con rigor e de forma interdisciplinaria, de acordo coa complexidade do seu ámbito de traballo.
    - O devandito grao formará profesionais cunha orientación específica, tendo en conta todos os aspectos citados, cara á conservación e xestión do medio e os recursos naturais, a planificación territorial, a xestión e calidade ambiental nas empresas e administracións, baixo a perspectiva da sostibilidade.
    - Estas ensinanzas dotarán os profesionais dos coñecementos, técnicas e ferramentas prácticas necesarias para a consecución de todos os obxectivos propostos e para permitirlles manter unha actitude aberta e autodidacta fronte ás novas problemáticas e realidades ambientais, a nova lexislación e tecnoloxías, así como as novas preocupacións e percepcións socioambientais.

    A estrutura cuadrimestral do plan de estudos permite a mobilidade do estudantado a través dos programas Sicue, Erasmus e ISEP.
    No marco do programa Sicue, existen acordos con 11 universidades españolas, cunha oferta de 28 prazas de intercambio por ano académico.

    Mencións:
    - Mención en Xestión Ambiental
    - Mención en Procesos Atmosféricos e Clima

    O perfil é dunha persoa cunha visión multidisciplinar e global da problemática ambiental, enfocada dende diversos sectores do coñecemento, cunha orientación específica cara á conservación e xestión do medio e os recursos naturais, a planificación territorial, a xestión e calidade ambiental nas empresas e administracións, baixo a perspectiva da sustentabilidade.