Grao en Comercio

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 90
Número de cursos: 4
Código:
V06G270V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinación do título

María Carmen Padín Fabeiro

    Descrición

    O Grao en Comercio ofrece un ensino centrado na xestión integral de empresas, organismos e institucións. As persoas tituladas en Comercio adquirirán competencias polivalentes que lles permitirán desenvolver unha pluralidade de habilidades necesarias nunha actividade de amplo recoñecemento e tradición: emprendemento, xestión integral de empresas e proxectos, facendo especial fincapé nos diversos aspectos como marketing, operacións, comercio y loxística; comunicación e negociación nos ámbitos internacionais na propia lingua ou linguas estranxeiras; dirección de equipos interdisciplinarios e de ventas; importación/exportación; xestión de contas clave, de produto e de marketing; pero tamén de xestión contable e financeira.

    Dada a polivalencia cara á que está orientado o grao en comercio, os postos de traballo que poderán desempeñar as persoas tituladas en Comercio abarcan un espectro moi amplo a diferentes niveis no marco dos organismos e institucións públicas e privadas. No ámbito dos negocios, a formación permite desempeñar actividades xerais como responsable de xestión integral ou vencelladas ás distintas áreas funcionais da empresa, por exemplo, xefa ou xefe de ventas, dirección de operacións, responsable de loxística e distribución, responsable comercial, de mercadotecnia, de importación/exportación, de produto, de contabilidade e finanzas, etc. No ámbito público, é posible optar a postos técnicos do Estado en diversas áreas. Ademais, o Grao en Comercio permite emprender e dirixir proxectos empresariais.

    O Grao en Comercio ten como obxectivo xeral formar profesionais capacitados para desempeñar labores propios do departamento comercial e demais departamentos de organización, proporcionándolles unha formación práctica e de aplicación directa.
    Os/As graduados/as en Comercio posuirán un coñecemento amplo e profundo do mundo das organizacións e das áreas que as conforma e estarán formados para a análise, o diagnóstico e a toma de decisións estratéxicas mediante a correcta utilización dos métodos, procedementos e ferramentas de aplicación ás organizacións. Contarán, ademais, con habilidades de planificación e xestión comercial, xestión do comercio exterior, xestión de aprovisionamentos e distribución, dirección de equipos e vendas, investigación de mercados, sistemas de información integrados para a xestión, contratación laboral e tributación de operacións comerciais, entre outros.

    A mobilidade de estudantes céntrase nos programas Sicue (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois), Erasmus, no ámbito europeo e ISEP, con universidades de Estados Unidos.

    Este grao permite ademais a obtención dunha dobre titulación internacional grazas a un ano académico de intercambio en Alemaña (Hochschule Bochum) ou Francia (Université de Pau et des Pays de l’Adour) no mesmo período de 4 cursos.

    - Estudantes con interese na creación e xestión de empresas en xeral e de xeito particular nas áreas máis relacionadas cos negocios coma a mercadotecnia, a loxística e distribución, importación/exportación, novos mercados e produtos. Pero tamén abarca aspectos como a xestión contable e financeira e os recursos humanos
    - Aposta pola innovación e o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións (aplicacións informáticas de uso xeral, así como as específicas de xestión empresarial), polo que se recomenda unha actitude favorable do estudantado cara o emprego e uso das TIC
    - Persoal xestor, asesor e técnico cunha visión globalizada e que contribúa por iso á expansión e internacionalización das compañías, polo que é aconsellable que o estudantado teña interese pola aprendizaxe de linguas estranxeiras, o uso das novas tecnoloxías e a innovación. Os idiomas a cursar durante os estudos deste grao son o inglés e o alemán. É recomendable ter coñecementos previos e no caso do inglés é recomendable ter un nivel A2 dentro do Marco Común Europeo de referencia para as linguas. Mais en alemán non se requiren coñecementos previos
    - Aquelas persoas que procedan de ciclos formativos tales como marketing, comercio exterior, etc. poden validar nalgúns casos até 30 créditos dos estudos do grao en comercio