Grao en Educación Social

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 75
Número de cursos: 4
Código:
O05G130V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinación do título

Antonio González Fernández

    Descrición

    O obxectivo fundamental deste grao é a formación de profesionais capaces de xerar contextos educativos e accións mediadoras que permitan a incorporación das persoas obxectivo ás diversas redes sociais, así como a súa promoción cultural e social mediante accións socioeducativas tanto preventivas como de intervención.

    - Educación non formal: animación de actividades extraescolares, educación para o lecer e o tempo libre, educación cívica, educación e interpretación ambiental, educación para a saúde
    - Educación de persoas adultas: ensino de alfabetización, educación permanente, pedagoxía da terceira idade, formación ocupacional, formación continua, preparación para a xubilación
    - Animación socio laboral: inserción socio laboral, información e orientación para o emprego, preparación para xubilarse, plans de formación continua, formación e orientación laboral
    - Animación sociocultural: turismo social e cultural, turismo xuvenil, educación na rúa, promoción do asociacionismo da participación social, información e dinamización xuvenil, xestión cultural, desenvolvemento comunitario.
    - Acción socioeducativa: atención comunitaria, estudo de novas tecnoloxías e a súa aplicación educativa, educación especializada, educación familiar, intervención socioeducativa, servizos sociais de atención primaria, servizos penais, servizos de información e planificación familiar, dinamización e sensibilización social
    - Inserción social: prevención e tratamento en toxicomanías, prevención e intervención con grupos en risco de exclusión social, protección e tutelade menores; servizos de protección e asistencia social, servizos de medidas de xustiza xuvenil, prevención e intervención #ante a violencia de xénero.

    Todas estas actividades pódense desenvolver en centros como:
    - Residencias da terceira idade
    - Cooperativas de traballo asociado
    - Centros de lecer
    - Departamentos de formación
    - Servizos socioeducativos
    - Empresas de servizos
    - ONGs e fundacións
    - Asociacións (veciñais, culturais, xuvenís…)

    -Transmitir, promover e desenvolver a cultura.
    -Xerar redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais.
    -Intervir como mediador social, cultural e educativo.
    -Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos.
    -Deseñar, implementar e avaliar os programas e proxectos socioeducativos.
    -Xestionar, dirixir, coordinar e organizar institucións e recursos socioeducativos.
    -Desenvolver actividades cunha finalidade educativa, cultural e lúdica.

    - Unha marca de sensibilidade social: interese no traballo con grupos humanos
    - Preocupación polos problemas que teñen os diferentes grupos sociais
    - Capacidade para resolver problemas e tomar unha decisión
    - Empatía
    - Intereses na área humanista-social
    - Sentido crítico e capacidade de análise
    - Respecto polas persoas
    - Creatividade e iniciativa para propoñer, xunto ás persoas, solucións alternativas
    - Habilidades sociais básicas para o estudo e traballo en equipo
    - Experiencia en actividades de voluntariado social
    - Capacitación previa recomendada en humanidades e áreas sociais, incluída a procura de ciclos de formación profesional superior nos ciclos ofrecidos pola animación sociocultural e a integración social
    - Experiencia recomendable en actividades laborais no ámbito social