Grao en Enfermaría
Características
Área de coñecemento
Coordinación do título
Descrición
O desenvolvemento da profesión de enfermaría contribúe a promover, protexer e mellorar a saúde, a seguridade e o benestar da poboación, previr as enfermidades e as súas consecuencias así como favorecer a sostibilidade do sistema sanitario. Con estes obxectivos nace o novo Grao en Enfermaría impartido nos tres campus da Universidade de Vigo.
Saídas profesionais
- Asistencia sanitaria: mantemento, promoción e restablecemento de saúde, prevención das enfermidades e accidentes, asistencia, rehabilitación, centros de atención primaria, centros psiquiátricos, coidado e atención ao/á docente, campañas de vacinación, dietética terapéutica, persoal técnico en distintas especialidades (obstetricia, pediatría, xeriatría, psiquiatría…)
- Enfermaría extra-hospitalaria: centros socio-sanitarios, colexios, centros xeriátricos, centros de día, centros de apoio en procesos críticos, balnearios, gardarías, cooperación ao desenvolvemento
- Medicamento deportivo: centros deportivos, clubs deportivos
- Educación para a saúde: educación para a saúde en escolas, atención a nais en parto e postparto, campañas de promoción da saúde, orientación sanitaria
- Xestión administración: xestión de recursos sanitarios, xestión de servizos sanitarios
- Saúde laboral: enfermaría da empresa, mutuas…
Obxectivos xerais da titulación
-Coñecer e aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría.
-Protexer a saúde e o benestar das persoas, familia ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.
-Coñecer os principios de financiamento sanitario e utilizar adecuadamente os recursos dispoñibles.
-Coñecer os sistemas de información sanitaria.
-Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
Mobilidade
A mobilidade estudantil céntrase no programa Erasmus, un programa da Unión Europea que fomenta o intercambio de estudantes para a cooperación en materia educativa. As estadías que se leven a cabo por medio deste programa non poderán ser inferiores aos tres meses.
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Recoméndase que o alumnado que desexe cursar esta titulación posúa as seguintes características: actitude de axuda ás persoas, responsabilidade, equilibrio, madurez persoal, boa saúde, capacidade para o traballo en equipo, capacidade de análise, síntese e liderado, coñecementos de bioloxía, estatística, física e química, capacidade para ler e escribir en inglés e capacidade de busca en fontes bibliográficas.