Grao en Enfermaría

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
V52G140V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias da Saúde

Coordinación do título

Jacinto Luis González Oya

    Descrición

    O desenvolvemento da profesión de enfermaría contribúe a promover, protexer e mellorar a saúde, a seguridade e o benestar da poboación, previr as enfermidades e as súas consecuencias así como favorecer a sostibilidade do sistema sanitario. Con estes obxectivos nace o novo Grao en Enfermaría impartido nos tres campus da Universidade de Vigo.

    -Enfermeiro/a: asistencia (nivel primario de saúde, atención especializada ou atención sociosanitaria).

    -Docencia.

    -Investigación.

    -Xestión.

    -Coñecer e aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría.

    -Protexer a saúde e o benestar das persoas, familia ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.

    -Coñecer os principios de financiamento sanitario e utilizar adecuadamente os recursos dispoñibles.

    -Coñecer os sistemas de información sanitaria.

    -Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.

    A mobilidade estudantil céntrase no programa Erasmus, un programa da Unión Europea que fomenta o intercambio de estudantes para a cooperación en materia educativa. As estadías que se leven a cabo por medio deste programa non poderán ser inferiores aos tres meses.

    Recoméndase que o alumnado que desexe cursar esta titulación conte con unha actitude de axuda ás persoas, unha visión integral que permita relacionar todas as dimensións do ser humano, ter unha adecuada disposición para o traballo en equipo, o estudo continuado, reflexivo e crítico, a adaptación continua ao cambio e o manexo de situacións con gran carga física e emocional. Ademais, requírese responsabilidade, equilibrio, madurez persoal e boa saúde. Ademais, sería recomendable:
    - Motivación ante a elección da titulación
    - Boa capacidade de expresión oral en castelán e galego
    - Capacidade de análise
    - Capacidade de síntese
    - Capacidade de liderado
    - Capacidade para procurar fontes bibliográficas
    - Conciencia da necesidade de formación continua ao longo da vida
    - Suficientes coñecementos de bioloxía, estatística, física e química
    - Lectura comprensiva
    - Coñecementos básicos de informática (nivel de usuario)
    - Capacidade para ler e escribir en inglés