Grao en Enxeñaría Aeroespacial

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
O07G410V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

Fermín Navarro Medina

    Descrición

    O Grao en Enxeñaría Aeroespacial forma futuros Enxeñeiros/as, Técnicos/as Aeronáuticos/as (profesión regulada) que se ocupan do deseño, construción, mantemento e mellora de aeronaves e vehículos espaciais, así coma de todo o equipamento, subsistemas e infraestruturas que requiren.

    - Deseño, fabricación, desenvolvemento, mantemento e mellora de aeronaves ou vehículos espaciais, sistemas de propulsión aeroespacial, infraestruturas dos aeroportos, aeronavegación e calquera sistema de transporte aéreo ou xestión do tráfico aéreo
    - Verificación e certificación aeronáutica: redacción e dirección de proxectos de peritación, certificados de navegabilidade, inspeccións de material aeroespacial, ditames e asesoramento técnico en áreas relativas á súa especialidade, control de calidade, ensaios técnico- experimentais
    - Medio ambiente: análise e avaliación do impacto ambiental e social dos técnicos

    O estudantado interesado en cursar este grao deberá ter interese polos sistemas de transporte aéreo, as infraestruturas de aeronavegación e aeroportos, así como polos materiais para a construción de aeronaves e vehículos espaciais ou sistemas de propulsión aeroespacial.