Grao en Enxeñaría Biomédica

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 44
Número de cursos: 4
Código:
V12G420V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

Juan Enrique Pardo Froján

    Descrición

    A Enxeñaría Biomédica é unha nova liña da enxeñaría centrada na aplicación dos principios, técnicas e métodos da enxeñaría ao campo da medicina. Trátase, polo tanto, dunha titulación interdisciplinar relativamente nova na que as técnicas da enxeñaría industrial (enxeñaría mecánica, enxeñaría electrónica e automática, enxeñaría química, enxeñaría da organización…), da enxeñaría informática e da enxeñaría das telecomunicacións se aplican para o análise e resolución de problemas relacionados coa medicina do século XXI.

    - Fabricación, comercialización e avaliación de dispositivos médicos e de equipos (para a prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación), materiais especiais, dispositivos para imprantes, próteses e sistemas robóticos para aplicación biomédicas
    - Estratexias relacionadas coa aplicación e posta en servizo de material e sistemas biomédicos
    - Servizos de enxeñaría clínica nos centros sanitarios públicos e privados, no mundo do deporte e do lecer
    - Telemedicina e aplicación telemáticas no diagnóstico e tratamento de doenzas
    - Informática médica, como os programas informáticos e os sistemas de información sanitaria para o tratamento de datos biomédicos e bioimaxinográficos
    - Biotecnoloxía e enxeñaría celular
    - Industria farmacéutica e a industria alimentaria, coa finalidade de analizar e cuantificar a interacción entre medicamentos / sustancias e parámetros biolóxicos
    - Industria manufactureira en xeral: ergonomía de produtos e procesos e impacto das tecnoloxías na saúde humana

    - Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
    - Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
    - Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
    - Inquietude curiosidade e iniciativa propia
    - Capacidade de traballo en grupo
    - Interese pola titulación e pola profesión para a cal capacita