Grao en Enxeñaría Eléctrica

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
V12G320V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

Luis Eduardo Eguizábal Gándara

    Descrición

    A persoa que se interese pola Enxeñaría Eléctrica ten como destino o traballo na xestión dos sistemas eléctricos de potencia, instalacións e accionamentos eléctricos en transporte e distribución da enerxía eléctrica, áreas que necesitan persoas tituladas con formación específica neste sector. Estas persoas que se gradúen deben cubrir tamén os campos emerxentes que cada vez teñen máis incidencia na sociedade actual, como son a tracción eléctrica nos sistemas eólicos e fotovoltaicos, áreas cunha gran e notable expansión no noso país nos últimos anos e cunha progresión futura cada vez maior.
    Na actualidade o sector eléctrico demanda unha gran cantidade de persoas con esta titulación, que fai que as persoas egresadas atopen emprego en menos dun ano dende a súa titulación e que estudantado doutras especialidades acaben traballando tamén no sector eléctrico.

    - Xeración de enerxía eléctrica: eólica, fotovoltaica, gran hidráulica e minihidráulica, centrais térmicas de produción de enerxía eléctrica
    - Transporte e distribución de enerxía eléctrica
    - Comercialización de electricidade
    - Tracción eléctrica (vehículo eléctrico)
    - Proxecto e realización de instalacións eléctricas
    - Mantemento de instalacións eléctricas
    - Instalacións eléctricas en buques
    - Xestión enerxética
    -Deseño e construción de equipos eléctricos
    - Fabricación de equipos de acendido

    Os obxectivos específicos da titulación do Grao en Enxeñaría Eléctrica son:

    -Dar satisfacción á demanda do sector na xestión dos sistemas eléctricos de potencia, instalacións e accionamentos eléctricos, así como no transporte e distribución da enerxía eléctrica.

    -Satisfacer as demandas que proveñen de sectores emerxentes, que cada vez teñen máis incidencia na sociedade actual, como son a tracción eléctrica e as enerxías renovables, en particular a xeración de enerxía eléctrica en sistemas eólicos e fotovoltaicos, áreas cunha grande e notable expansión no noso país nos últimos anos e cunha progresión futura cada vez maior. Tamén as empresas doutros sectores precisan graduados/as en Enxeñaría Eléctrica, posto que todos os procesos de fabricación precisan para o seu funcionamento da enerxía eléctrica para a alimentación da súa maquinaria: empresas de fabricación de automóbiles, altos fornos, trens, transportes, estaleiros, laminado, refinarías, industria electrónica e ordenadores etc.

    -Coñecementos básicos sobre física, química, matemáticas.
    -Inquietude e curiosidade sobre o mundo da ciencia e a tecnoloxía en todos os seus ámbitos e, en especial, no relacionado co ámbito da titulación.
    -Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demais e facilitar a súa aprendizaxe.
    -Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
    -Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
    -Capacidade de abstracción, análise, síntese, razoamento lóxico.
    -Capacidade de percepción e atención.
    -Sentido da organización e método.
    -Sentido práctico e visión espacial.