Grao en Enxeñaría Mecánica

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 110
Número de cursos: 4
Código:
V12G380V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

Pablo Izquierdo Belmonte

    Descrición

    A formación tradicional en Enxeñaría Mecánica oriéntase cara á adquisición de pericia na resolución de problemas específicos desta rama e cara á capacitación para adaptarse aos cambios tecnolóxicos cos que deberá enfrontarse un estudante deste grao durante a súa vida profesional. Así, dita formación está fundamentada en coñecementos primordiais de ciencia e enxeñaría como son a Física, as Matemáticas, a Expresión Gráfica, a Estatística e a Química. Adicionalmente, a formación específica en Mecánica, Mecánica de Sólidos, Mecánica de Estruturas, Enxeñería Térmica e Mecánica de Fluídos senta as bases para materias máis tecnolóxicas.
    As materias tecnolóxicas específicas orientan ao alumnado de forma que poida intervir nas actividades propias da súa profesión. Estas materias tamén fomentan a relevancia de considerar aspectos de integración de procesos e uso racional da enerxía nas fases de deseño, cálculo, análise, dimensionamento, verificación, utilización e mantemento de máquinas, procesos, vehículos, estruturas, construcións e instalacións. Actualmente, ademais das habilidades experimentais e metrolóxicas, o graduado ou graduada en Enxeñaría Mecánica debe dominar, de forma transversal, as técnicas de computación que asisten na súa tarefa de diferentes formas e que son ferramentas imprescindibles. Este grao incorpora técnicas asistidas por computador nas diferentes materias onde se require.

    - Deseño, avaliación, control da calidade e dirección de proxectos de construción, montaxe, mantemento e reparación de estruturas, construcións industriais e instalacións
    - Proxectos de enerxías renovables: solar térmica, biomasa e valorización de residuos, xeotermia…
    - Eficiencia enerxética de equipos e instalacións térmicas: cualificación enerxética en edificios, recuperación de calor en procesos industriais
    - Proxectos de deseño e fabricación de pezas, utillaxes e máquinas de funcionalidade final ou proceso mecánico (tecnoloxías CAD/CAM/CAE)

    A formación que proporciona o título de graduado/a en Enxeñaría Mecánica permite ao egresado adquirir en distintos niveis de afondamento os seguintes obxectivos:

    - Intensificación A: Maquinaria

    Adquirir as competencias necesarias para desenvolver a súa profesión no campo do deseño e a fabricación de maquinaria e sistemas mecánicos, incluíndo os materiais empregados na súa fabricación, accionamento e sistemas de enerxía.

    - Intensificación B: Construción e instalacións

    Adquirir as competencias necesarias para dirixir o ámbito profesional ao campo da construción, estruturas e instalacións, especializándose no coñecemento das estruturas metálicas e de formigón, cimentacións, topografía, instalacións térmicas, instalacións de fluídos, instalacións eléctricas e tecnoloxías da construción en xeral.

    - Intensificación C: Deseño e fabricación

    Adquirir competencias específicas no ámbito do deseño e a fabricación industrial, aplicando as técnicas actuais de automatización dos procesos produtivos, técnicas e sistemas de desenvolvemento e comunicación de produtos, materiais, tecnoloxías de fabricación e sistemas CAD-CAM-CAE.

    - Intensificación D: Transporte

    Especializarse no campo profesional que se configura arredor do sector do transporte en xeral, incluíndo os diferentes medios e vehículos de transporte, desde o automóbil ao ferrocarril, diferentes sistemas de propulsión, materiais empregados e tecnoloxías aplicadas ao campo do transporte.

    - Intensificación E: Tecnoloxía naval (CUD)

    Obter os perfís escollidos en virtude dos labores máis esixentes que desenvolve un oficial da Armada no seu primeiro emprego. Estes labores son os relacionados principalmente coa función operativa e máis concretamente co emprego operativo dun buque da Armada.

    Mencións
    - Maquinaria
    - Transporte
    - Construción e instalacións
    - Deseño e fabricación

    -Coñecementos básicos de matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática.
    -Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita.
    -Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés).
    -Inquietude, curiosidade e iniciativa propia
    -Capacidade de traballo en grupo