Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
Características
Área de coñecemento
Contacto
Coordinación do título
Descrición
O grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española ofrece formación especializada no eido das linguas e das literaturas galega e española para que as persoas que cursen estes estudos poidan aplicar os seus coñecementos e valores no progreso da sociedade por medio do uso das ferramentas dixitais e o dominio complementario de idiomas modernos (como inglés, francés, alemán ou portugués). Acode ao termo Filoloxía entendido como a colaboración entre varias disciplinas e subdisciplinas centradas sempre na palabra e nos seus textos, e ao adxectivo Aplicada, pois emprega os coñecementos da ciencia básica para a súa aplicación práctica.
Saídas profesionais
Docencia no ensino secundario, bacharelato, escolas oficiais de idiomas, academias, etc.
As industrias culturais e creativas, especialmente vinculadas ás novas tecnoloxías.
As industrias da lingua (español e galego).
O ensino de galego e español como linguas estranxeiras (lectorados, auxiliarías de conversación, etc.).
As relacións internacionais.
O mercado laboral relacionado co ámbito tecnolóxico e coa comunicación multimodal, multilingüe en Internet; o relacionado coas empresas e institucións que demandan profesionais especializados na comunicación; o relacionado co asesoramento lingüístico e literario en bibliotecas, departamentos culturais, radio e televisión, cine, mundo editorial e xornalístico, axencias de publicidade, áreas de normalización lingüística, etc.
Edición, redacción e corrección de textos, tanto especializados como de creación literaria e de contidos audiovisuais.
Traballo administrativo en empresas ou institucións en contornos multilingües.
Mediación lingüística, incluída a lingua de sinais.
Obxectivos xerais da titulación
a) Formar persoas tituladas cun alto grao de coñecemento especializado no estudo das linguas e as literaturas do galego e do español que sexan capaces de aportar os seus coñecementos e valores ao progreso social para, por medio da aplicación das ferramentas dixitais e as tecnoloxías da información e comunicación adecuadas, participar activa e profesionalmente na mellora social e cultural.
b) Formar persoas tituladas co grao suficiente de coñecemento doutras culturas e linguas que sexan capaces de valorar a multiculturalidade e o multilingüismo para transmitir eses valores na súa vida persoal e profesional co fin de lograr unha sociedade mais xusta e solidaria na que a diversidade se vexa como un ben e unha fonte de riqueza.
Mobilidade
A Facultade de Filoloxía e Tradución, polas súas propias características, é especialmente activa nos programas de intercambio (SICUE, Erasmus, ISEP, Convenios Bilaterais, Erasmus Mundus) con universidades nacionais e estranxeiras tanto europeas (Alemaña, Austria, Bélxica, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Lituania, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Turquía) e con países Extracomunitarios (Arxentina, Brasil, Corea do Sur, Suiza)
Regulamento e normativa aplicable
Materias
Profesorado
Outras Informacións
A duración prevista do plan de estudos a tempo completo é de 4 anos (60 créditos ECTS por curso académico).
O alumnado deberá:
Elixir dúas linguas estranxeiras entre as 4 ofertadas: portugués, francés, alemán e inglés que deberá manterse durante os catro cuadrimestre nos que imparten os idiomas.
Poderá obter unha das dúas mencións:
- Mención en galego
- Mención en español
Aínda que tamén existe a posibilidade de graduarse sen mención ou poderá obter unha especialización en Lingua de signos española.
Perfil de Ingreso recomendado
Interese polo coñecemento das linguas propias (galego e español) e de idiomas modernos (portugués, inglés, alemán ou francés), con coñecementos básicos de literatura, sensibilidade para a diversidade cultural e habilidades para o manexo de ferramentas de acceso á información. Espírito emprendedor, capacidade de iniciativa e traballo, gusto pola lectura, creatividade, responsabilidade intelectual e sentido crítico.