Grao en Linguas Estranxeiras

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
V01G181V01

Área de coñecemento

Área de Artes e Humanidades

Coordinación do título

María Dolores González Álvarez

    Descrición

    O obxectivo deste grao é adquirir os coñecementos lingüísticos e socioculturais necesarios para a expresión e a comprensión de linguas estranxeiras como o inglés, o alemán, o francés e o portugués, potenciando as habilidades descritivas e analíticas que permitan profundar no estudo sincrónico e diacrónico destas linguas e as súas producións literarias. Este grao ofrece formación en tres linguas estranxeiras (elixirase entre inglés, francés, alemán e portugués). Nas materias optativas do cuarto curso pode orientarse a formación cara ao ámbito lingüístico ou ao literario-cultural.

    Departamento internacional
    Comercio exterior
    Departamento de recursos humanos
    Mercadotecnia
    Docencia
    Asesoría lingüística
    Mundo editorial (corrección de textos)
    Función pública
    Xestión do patrimonio
    Carreira diplomática
    Creación en axencias de publicidade

    1. Incorporar teoría e práctica xunto con habilidades e destrezas específicas co fin de obter unha experiencia de coñecemento integrada.
    2. Integrar actividades de transmisión nun saber facer que simultaneamente implica transferencia de contidos e experiencias, e produción de coñecemento.
    3. Fomentar actividades que se axusten á integración como un criterio de formulación fundamental.
    4. Formar profesionais que posúan unha capacidade significativa de expresión e comprensión das linguas nativas (galego e español) e estranxeiras (inglesa, alemá, francesa e portuguesa) e que adquiran un coñecemento global da realidade lingüística, histórica, cultural e literaria dos países pertencentes aos ámbitos xeográficos asociados coas linguas estudiadas.
    5. Desenvolver as capacidades descritivas e analíticas do alumnado para poder profundar no estudo sincrónico e diacrónico das linguas e as súas producións literarias.

    A Facultade de Filoloxía e Tradución, polas súas propias características, é especialmente activa nos programas de intercambio (SICUE, Erasmus, ISEP, Convenios Bilaterais, Erasmus Mundus) con universidades nacionais e estranxeiras tanto europeas (Alemaña, Austria, Bélxica, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Lituania, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Turquía), con EEUU e Estados asociados e con países Extracomunitarios (Arxentina, Brasil, Corea do Sur, Suiza)

    Alumnado interesado na cultura e na literatura doutros países, ademais da realidade lingüística global, con capacidade para expresarse e comprender as linguas nativas (español e galego) e as estranxeiras obxecto de estudo.