Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
Características
Área de coñecemento
Coordinación do título
Descrición
O máster interuniversitario en estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións reúne os estudos de língua, literatura e cultura dos países anglófonos nas tres universidades galegas (UDC, USC e UVigo) e ofrece formación avanzada en temas importantes este campo de estudo. Trátase dun programa de 60 ECTS de caracter semipresencial, xa que combina ensino presencial (14 horas por materia) e traballo en lima e autónomo. O primeiro cuadrimestre consta de oito materias obligatorias e o segundo de seis materias mais, e elixiranse entre dous itinerarios; un de especialización en Lingüística e outro en Literatura e cultura. O programa complétase con periodo de prácticas en distintas empresas e institución (6 ECTS) en un traballo de investigación (12 ECTS).
Saídas profesionais
Investigación, docencia, asesoría lingüística, institucións e empresas culturais. Este mestrado facilítalle ao alumnado o acceso ao Programa interuniversitario de doutoramento en estudos ingleses avanzados, organizado tamén polas tres universidades galegas.
Mobilidade
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Terán acceso ao programa de forma preferente as persoas que acrediten estar en posesión dun título de Licenciatura en Filoloxía Inglesa ou Grao en Estudos Ingleses: Lingua, Literatura e Cultura, en Linguas Estranxeiras ou similar.
Terá posibilidade de acceder tamén ao programa quen acredite estar en posesión dun título equivalente a licenciatura ou grao en estudos de carácter lingüístico ou literario, de tradución e interpretación, ou estudos relacionados coas humanidades e ciencias sociais, e acrediten ter coñecementos avanzados de inglés escrito e falado (equivalente ao nivel C1 do Marco común europeo de referencias para as linguas).
Lingua de traballo: pola especificidade dos contidos do programa, a lingua de traballo nas distintas materias e no traballo de fin de mestrado será o inglés.