Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional

Características

Campus: Vigo
Tipo: Posgrao
Modalidade: Semipresencial
Prazas: 0
Número de cursos: 1
Código:
V01M128V01

Área de coñecemento

Área de Artes e Humanidades

Coordinación do título

Óscar Ferreiro Vázquez

    Descrición

    O obxectivo principal do Mestrado Tradución para a comunicación internacional (MTCI) e a formación do alumnado egresado como tradutores/as profesionais capaces de responder á demanda do mercado profesional da tradución.

    O mestrado divídese en dous módulos optativos en función dos seus dos grandes campos de formación en traducción para a comunicación: a comunicación intercultural, multicultural e transcultural, por unha banda; e a comunicación económico-comercial e xurídico-administrativa (con especial atención á tradución xurada), por outra. Os dous grandes bloques son:

    «Tradución para a comunicación entre culturas» (Módulo B1)
    «Tradución para o comercio internacional» (Módulo B2)
    O mestrado ofrece a posibilidade de solicitar unha bolsa Erasmus para cursar o segundo cuadrimestre no Master LEA: Spécialité Langues et Négociation de Projets Internationaux, da Université Paul Valéry, Montpellier III.

    O título do mestrado baséase en responder á demanda de formación de tradutor-intérprete xurado das combinacións Francés-Galego/Español-Francés e Inglés-Galego/Español-Inglés.

    Por outra banda, o título forma ao alumnado para a profesión de:

    Tradutor/a no ámbito da comunicación: audiovisual, multimedia e xestor/mediador de comunicación internacional.
    Tradutor/a no ámbito do comercio exterior: responsable de importación-exportación de empresas nacionais ou internacionais, técnico de comercio exterior, responsable de análise de desenvolvemento.