Axudas da UVigo ao estudo para o curso 2024/2025

Solicitudes ata o 7 de febreiro

UVigo - Bolsas 03/02/2025

A Universidade de Vigo publicou a convocatoria de axudas ao estudo correspondentes ao curso 2024/2025, un programa de bolsas propio destinado a garantir que o estudantado que presenta circunstancias económicas e familiares que lle impiden ou dificultan a continuidade dos seus estudos, non os abandone.

Na convocatoria de axudas propias concédeselle a contía de residencia ao estudantando procedente do sistema de protección á infancia de calquera comunidade autónoma, sempre que cumpra o resto de requisitos; ademais, nos criterios de selección, sumaránselle dous puntos á nota media.

As solicitudes poderán presentarse ata o 7 de febreiro de 2025.

Convocatoria e solicitudes
 

Novas relacionadas

 

Máis información:

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 611
bolsas@uvigo.gal