SOLICITUDES ATA O 3 DE MAIO

Prácticas en municipios de menos de 5000 habitantes

Para estudantes de grao e de mestrado

UVigo - Bolsas 26/04/2022

Campus Rural é unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e la Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE).

Este programa permitiralle ao estudantado universitario de calquera titulación oficial completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como  extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento.

O estudantado interesado en realizar prácticas no marco do programa Campus Rural xa pode presentar a súa solicitude de participación.

O prazo permanecerá aberto ata o 3 de maio de 2022.

CONVOCATORIA E SOLICITUDES

 

Requisitos    

  • Estar matriculado/a en titulacións oficiais de grao ou de mestrado da Universidade de Vigo no curso 2021/2022 de conformidade cos perfís definidos no anexo II da convocatoria.
  • No caso de estudos de grao, ter superado o 50 % dos créditos da titulación de grao na que se atopa matriculado/a no momento de finalización do prazo de solicitudes.


Oferta de prácticas

De seguido pódense consultar as prácticas ofertadas polas distintas entidades colaboradoras organizadas por ámbito.

Prácticas ofertadas

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal