Programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE 2024/2025

Solicitudes ata o 10 de decembro

UVigo - Bolsas 29/11/2024

A Universidade de Vigo convoca o programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE para o curso 2024/2025, unha iniciativa que conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027.

A finalidade do programa é facilitar o desenvolvemento de prácticas académicas externas dirixidas ao estudantado universitario con discapacidade para facilitar o seu acceso a unha primeira experiencia laboral e mellorar así a súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional.

O período de prácticas terá unha duración de tres meses consecutivos e poderanse desenvolver desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión das bolsas e ata o 31 de outubro de 2054. O horario das prácticas será de 25 horas semanais. 

Na seguinte ligazón están dispoñibles os detalles da convocatoria:

Convocatoria

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal