
Empresas baseadas no coñecemento
A Oficina de I+D contribúe á posta en marcha de iniciativas empresariais emprendidas co ánimo de explotar os resultados obtidos como consecuencia da nosa actividade investigadora.
Contribuímos á creación de tecido empresarial a partir do coñecemento desenvolvido no seo da universidade, implicando o persoal investigador e transferindo os resultados da I+D á nova empresa para a súa explotación.
- Normativa de creación de empresas de base tecnolóxica da Universidade de Vigo
- Formulario de solicitude
Catálogo de empresas baseadas no coñecemento
Aguas de Rodas
Caracterización e recollida de auga mariña profunda da contorna do Parque Nacional Illas Atlánticas para diversos usos de consumo humano.
Alén Space
Servizos de consultoría, deseño, fabricación e operación de pequenos satélites. Solucións integrais chave en man para misións no espazo.
Ceo2 green, SL
Resposta á necesidade actual de constante evolución nas tecnoloxías utilizadas nos eidos das enerxías renovables, da calefacción, da climatización e da refrixeración.
Circadian Ambulatory Technology & Diagnostics, SL
Na procura dunha mellor saúde individual e poboacional mediante a adecuada diagnose de hipertensión verdadeira e así reducir a carga da enfermidade cardiovascular, metabólica e renal.
Codelab17
Empresa derivada orientada á análise, ao deseño e ao desenvolvemento de solucións fullstack para empresas principalmente do sector enerxético.
CoderIAm, SL
Ideas innovadoras e eficientes no tempo para o control de máquinas. Optimización de microprogramas para maquinaria e deseño de electrónica ad hoc.
EM3Works
Actividades de enxeñaría relacionadas coa compatibilidade electromagnética (EMC), a interferencia (EMI) e os niveis de radiación (RADHAZ).
Energio Advance
Desenvolvemento de tecnoloxía e de produtos de enxeñaría no ámbito da eficiencia enerxética, así como a realización de tarefas de asesoramento científico e asistencia técnica.
Environmental physics technologies
Solucións no ámbito da enxeñaría marítima, civil, enerxías renovables, estudos ambientais e de efectos do cambio climático e desenvolvemento de software de simulación de fluídos.
Erh Illumnia
Desenvolvemento de lámpadas LED de baixo consumo e execución de proxectos relacionados coa óptica avanzada.
Global Applications and Solutions for Sports
Consultoría técnica e de servizos para o adestramento físico e a comercialización de ferramentas informáticas para a actividade deportiva.
Geodem
Desenvolvemento de actividades en torno á enxeñaría do medio ambiente e dos recursos naturais. Entre os seus fins atópase tamén a contribución ao desenvolvemento sostible.
Hydrosphere
Empresa dedicada á identificación taxonómica de especies bentónicas, recollida de mostras, proxectos de I+D, asesoramento e divulgación
HCTech
Esta iniciativa ofrece solucións ás demandas tecnolóxicas do sector marítimo no eido da hidrografía.
Imatia
Produtos e servizos de software que axudan a empresas e administracións de todo o mundo a aumentar a súa produtividade, para que poidan facer máis en menos tempo.
Inbiogal
Asistencia no deseño e no desenvolvemento de estudos de carácter bioquímico ou xenético e formación e asesoramento especializado no eido da bioquímica e a bioloxía molecular.
Infinbox
Compañía dedicada ao desenvolvemento de servizos e de solucións TIC para hospitais, tanto para pacientes como para profesionais do sector.
Ingeniería insitu, SL
Empresa de base tecnolóxica (EBT) orientada á enxeñaría e arquitectura, nacida no 2008 desde o grupo de xeotecnoloxías aplicadas.
IOT Partners
Creación de novos produtos e servizos sobre as últimas tendencias tecnolóxicas en sectores con alto potencial de dixitalización.
Mycogalicia
Promoción da mellora do estado forestal potenciando o desenvolvemento rural, desde a micoloxía ata a botánica e outros campos de traballo relacionados co medio ambiente.
Nanofaber
Provedor integral para a adquisición de materiais avanzados, nanotecnoloxías, servizos de enxeñaría e innovación para os sectores de saúde, de enerxía, de manufactura e de sustentabilidade.
Nanoinmunotech
Bioconxugación e sistemas nanométricos baseados en biosensores para mellorar a calidade de vida das persoas
Peloides Termales
Consultoría sobre produción, emprego e propiedades de peloides a medida, tanto para aplicacións terapéuticas coma cosméticas, enfocada a prestar servizos ao sector termal.
Planesga
Consultoría especializada na avaliación de procesos territoriais, na xestión do territorio e en sistemas de información.
Energio Research
Desenvolvemento, produción e comercialización de produtos baseados na mecánica.
Quantum innovative
Especialistas en ofrecer solucións avanzadas de enxeñaría mecánica, utilizando tecnoloxías e valorizando todo o coñecemento adquirido a través da universidade.
RelEYEble
Empresa especializada no procesado dixital da imaxe, que aplica algoritmos de intelixencia artificial para extraer información útil para os negocios.
Unmanned Galicia
Deseño de cargas útiles intelixentes e métodos para inspeccións realizadas con UAV: inspección de infraestruturas baseada en sensores de contacto, inspeccións de instalacións solares e outras tarefas de teledetección con UAV.
SON
Empresa derivada constituída no ano 2008 para o desenvolvemento de ferramentas de enxeñaría acústica.
Vixia System, SL
Sistemas de visualización e de avaliación de variables ambientais, sistemas de información xeográfica, modelos de xestión de recursos e automatización de procesos de mostraxe.
Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato, 1.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 236
otri@uvigo.gal | directorio
Unidade Administrativa
Campus universitario
32004 Ourense
+34 988 387 044
otri-ourense@uvigo.gal | directorio