Erasmus Days 2024

Do 14 ao 18 de outubro

UVigo - Internacional 07/10/2024

A Universidade de Vigo celebra os #ErasmusDays, unha iniciativa da Comisión Europea. 

Para o estudantado en particular, o persoal da Oficina de Relacións Internacionais estará presente nos tres campus, onde se organizarán sesións informativas; en paralelo, haberá postos nos que se atenderán de forma individualizada as consultas. 

Vídeo dos Erasmus Days 2024

Programa

Luns 14 de outubro

Campus de Ourense: Edificio Xurídico-Empresarial

  • 10:00 h Sesión informativa sobre os programas de intercambio (salón de graos)
    En liña a través de Campus Remoto (acceso estudantes: 5b7zWuB9)
  • 11:00 Oportunidades da rede europea Athena (salón de graos)
    En liña a través de Campus Remoto (acceso estudantes: 5b7zWuB9)
  • 12:00-14:00 Posto no que o persoal da ORI atenderá consultas (entrada do edificio)

Martes 15 de outubro

Campus de Pontevedra: Facultades de Comunicación e de Dirección e Xestión Pública.

  • 13:00 Sesión informativa sobre Erasmus KA171 coa participación das universidades socias (salón de graos)
    En liña a través de Campus Remoto (acceso estudantes: 5b7zWuB9)
  • 14:00 Sesión informativa sobre os programas de intercambio (salón de graos)
  • 13:00-15:00 Posto no que o persoal da ORI atenderá consultas (entrada do edificio)

Mércores 16 de outubro

Campus de Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución.

  • 11:00-13:00 Posto no que o persoal da ORI atenderá consultas (na entrada do edificio)
  • 13:00 Sesión informativa sobre os programas de intercambio (salón de actos)

Xoves 17 de outubro

  • 11:00-13:00 Posto no que o persoal da ORI atenderá consultas (entrada do edificio)
  • 13:00 Sesión informativa sobre os programas de intercambio (salón de graos)

Venres 18 de outubro

  • 10:00-12:00 Presentación de oportunidades Erasmus+ para o PDI. Como presentar proxectos KA171 e Blended Intensive Programmes (BIP)
    Presencial, na sala 1 do edificio Miralles
    En liña, a través de Campus Remoto (acceso estudantes: 5b7zWuB9)
  • 12.00 h Presentación de oportunidades Erasmus+ para o PTXAS
    Presencial, na sala 1 do edificio Miralles
    En liña, a través de Campus Remoto (acceso estudantes: 5b7zWuB9)

Logotipo dos Erasmus Days 2024

Máis información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 550
outgoing.ori@uvigo.gal

  Instagram  ​​​Linkedin