Outras actividades de investigación
Oportunidades de financiamento para subvencionar diversas accións relacionadas coa actividade investigadora
Organización de eventos
Organizacion de congresos
Esta acción ten como obxectivo estimular a organización de congresos científicos sobre problemas especializados concretos, que permitan o intercambio de coñecementos entre especialistas, españois ou estranxeiros, sempre que se cumpra o requisito imprescindible de que se presenten e defendan traballos científicos orixinais que deberán ser publicados nun libro de actas.
Axudas para a realización, comisariado e montaxe de exposicións artísticas
Poderán formular solicitudes aquelas persoas investigadoras doutoras que
teñan como un dos seus posibles resultados a realización ou montaxe dunha exposición da súa obra creativa.
Actividades de transferencia
Axudas para o desenvolvemento e consolidación das EBT
A finalidade desta convocatoria é a concesión, en función da dispoñibilidade orzamentaria e en concorrencia competitiva, de subvencións para fomentar a creación e o desenvolvemento das EBT da Universidade de Vigo xurdidas en calquera ámbito de coñecemento, mediante o financiamento, nos termos previstos nesta convocatoria, dos gastos que lles supoña a súa instalación en algún dos espazos dispoñibles.
Produción científica
Produción de investigación
Proceso para a avaliación da produción de investigación dun determinado ano no que se detallan os criterios, o procedemento e a documentación acreditativa requirida.
Produción de transferencia
Proceso para a avaliación da produción de transferencia do ano 2016 detallándose os criterios, o procedemento e a documentación acreditativa requirida.
Convocatorias para grupos
Axudas á reparación de equipamento científico
Esta acción ten como obxectivo axudar aos grupos de investigación no mantemento da súa infraestrutura científica en funcionamento. Isto inclúe a reparación e posta a punto do equipamento, quedando loxicamente excluídos os gastos funxibles e a substitución daquelas partes do equipamento que teñan necesariamente que seren substituídas cada certo tempo (por exemplo, as lámpadas dos espectrofotómetros ou as cubetas de moitos equipamentos).
Programa de Soporte á Xestión Económica de Grupos de Investigación
O programa soporte consiste na apertura de aplicacións orzamentarias de gasto para a xestión económica das actividades de I+D+i de grupos de investigadoras e investigadores da universidade.
Pódese atopar toda a documentación sobre este programa na parte inferior desta web.
Para máis información sobre o programa
Sección de Transferencia
Tlf: 986 811 942
Enderezo electrónico: otri11@uvigo.es