Argimiro Rojo Salgado, o home Smiling Through

UVigo – Servizo Publicacións 27/07/2019

Editado por Álvaro Xosé López Mira e Enrique José Varela Álvarez

Argimiro Rojo Salgado, o fundador da ciencia política e da administración na Universidade de Vigo, é obxecto dunha homenaxe nunha obra colectiva que pretende por en valor a figura dun profesor universitario que gobernou a súa vida académica entre a investigación, a docencia e a xestión institucional, nas derradeiras tres décadas. Todo elo nun libro "atípico", sinxelo, agarimoso e comprometido coa contorna de Argimiro Rojo e no que participan a súa familia, amizades da infancia, colegas politólogos da Universidade de Vigo e doutras universidades públicas españolas, e incluso os seus colegas "valedores" das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña.

Podes consultar a ficha desta publicación aquí.