Libro-Obxecto e Xénero: Estudos ao redor do libro infantil como artefacto

UVigo – Servizo Publicacións 03/12/2019

Editado por Isabel Mociño González. 

Reúnense neste volume 14 estudos que abordan diferentes modalidades do libro-obxecto, as súas características e potencialidades para a lectura, determinadas fundamentalmente pola materialidade. Neles préstase especial atención ao papel creativo das mulleres e á súa representación nestas obras, dado que o seu emprego temperán contribúe á construción de imaxinarios e á socialización dos máis novos, ao transmitir valores e usos da comunidade e favorecer a interiorización do coñecemento.

Podes consultar a ficha desta publicación aquí.