Vese unha máquina

Agrupacións estratéxicas

Co obxecto de favorecer a integración de capacidades dispersas e mellorar a competitividade máis aló do ámbito local, logrando satisfacer as necesidades da sociedade e o sector produtivo, o persoal investigador e grupos de investigación poden organizarse en agrupacións estratéxicas. Estas unidades organizativas cun nivel de agregación superior ao grupo teñen por obxectivo desenvolver unha actividade colaborativa estable e planificada con obxectivos de I+D e transferencia propios, en liñas de investigación prioritarias para nós e posúen masa crítica e recursos suficientes para alcanzar altos niveis de competitividade na captación de recursos e xeración de coñecemento.

 

Clúster de Investigación e Transferencia Agroalimentaria do Campus da Auga CITACA

Esta agrupación estratéxica está constituida por grupos de investigación do CITI (Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, da Tecnópole), da Facultade de Ciencias de Ourense e da Facultade de Bioloxía de Vigo, reunindo a varias deceas de investigadores e investigadoras. As súas principais áreas de traballo son: a calidade e seguridade alimentaria,o desenvolvemento de novos produtos alimentarios e a produción primaria sostible.

Ir á CITACA

Economics and Business Administration for Society ECOBAS

O seu obxectivo é unificar e consolidar a colaboración entre os grupos de investigación de referencia no ámbito da economía e a empresa co fin de maximizar o impacto académico, económico e social das súas actividades de I+D+i a nivel rexional, nacional e internacional. Se ben as disciplinas de coñecemento de Economía e Empresa permiten unha transversalidade na aplicación dos resultados de investigación en diferentes sectores, a agrupación impacta dun xeito máis directo noutros sectores, que ademais están fixados coma prioritarios na Estratexia RIS3 do Sistema Galego de Innovación: valorización dos recursos do mar,  acuicultura, diversificación do sector enerxético, modernización do sector turismo, mellora da competitividade industrial, impulso da economía do coñecemento e novo modelo de vida saudable.

Ir á ECOBAS