Centros de apoio

Os centros de apoio á investigación teñen como obxectivo prestar asistencia instrumental, científica e tecnolóxica en todos os ámbitos do coñecemento, nos labores de investigación, desenvolvemento e innovación, ben sexan desenvolvidos por nós desde a universidade ou por outros organismos públicos ou empresas, proporcionando equipos e instalacións que pola súa especificidade, nivel tecnolóxico ou custo, é aconsellable manter de forma centralizada.

 

CACTI

Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI)

Constitúe a nosa aposta pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional desde 1991. Entre os seus obxectivos está a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos coa vocación de proporcionar apoio científico e tecnolóxico tanto a membros da comunidade universitaria como a Organismos Públicos de Investigación (OPIs) no ámbito nacional e internacional e entidades persoais de nosa contorna.

Ir á CACTI

 

CITI

Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)

O CITI busca potenciar o desenvolvemento da I+D+i nas empresas mediante a creación de espazos de colaboración para favorecer e transferir coñecemento desde a universidade ao tecido empresarial a través de proxectos conxuntos de I+D+i relacionados co ámbito agroalimentario, biotecnoloxía, enerxía, medio ambiente e tecnoloxías da información.

Ir á CITI

 

MTI

Centro de investigación tecnolóxica industrial (MTI)

Unha infraestrutura creada para dar soporte e fomento a labores de investigación, desenvolvemento e transferencia no campo das Tecnoloxías e Procesos Industriais. Comparten espazo e realizan labores de investigación e transferencia grupos relacionados coas áreas de Enxeñaría de Fabricación, Física Aplicada, Tecnoloxía Electrónica, Enxeñaría Mecánica, Xeotecnoloxía, Tecnoloxía Enerxética, Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Química e Explotación de Minas, en dúas plantas de laboratorios e unha de talleres.

Ir á MTI

 

ECIMAT, en Toralla

Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT)

É a principal infraestrutura de investigación mariña do CIM e da Universidade de Vigo. Ofrece instalacións de vangarda a pé de mar e servizos científico/técnicos especializados a calquera entidade pública ou privada interesada na investigación mariña.

Ir á ECIMAT