Centros de investigación

A evolución e consolidación das agrupacións de investigación fan aconsellable o establecemento de centros singulares de investigación como estruturas específicas. Estes centros axúdannos a prestar un marco legal axeitado aos labores da I+D+i no ámbito da súa competencia xa teñan un carácter estratéxico sectorial ou transversal, ademais de dar apoio instrumental, científico e tecnolóxico.

Centros da Rede CIGUS

Os centros de investigación do sistema universitario de Galicia (CIGUS) están promovidos pola Xunta de Galicia co obxectivo de fortalecer a investigación de excelencia. Estes centros foron recoñecidos pola calidade e o impacto da súa investigación, ao ser referentes dentro do sistema de investigación universitario galego.
 

AtlantTIC

 

Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic)

Impulsado por nós e asentado no Campus de Vigo desenvolve a súa actividade científica no ámbito da privacidade e a seguridade, as tecnoloxías multimedia, as redes de datos, os e-servizos, a bioenxeñaría, o radar, as comunicacións por satélite e, en xeral, as comunicacións radio e ópticas.

Ir á Atlanttic

 

CIM

Centro de Investigación Mariña (CIM)

Elemento central da estratexia mariña da Universidade, constitúe un polo interdisciplinar de referencia a nivel local, estatal e internacional no ámbito da xeración e transferencia do coñecemento do mar.

Ir ao CIM

 

CINBIO

Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina  (CINBIO)

O noso centro de investigación multidisciplinar ten a súa orixe na necesidade de dotar de equipamento e infraestrutura común  ao persoal investigador especializado en biomedicina da Universidade de Vigo. O centro acolle instalacións bioexperimentais e un laboratorio BSL3, único no noroeste estatal.

Ir á CINBIO

 

Centros propios

Edificio CINTECX no campus da UVigo

Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx)

Situado no Campus de Vigo, Cintecx pretende ser un actor chave na cuarta revolución industrial xerando coñecemento e transformándoo en solucións tecnolóxicas que contribúan á mellora da competitividade da industria.
 

Ir ao CINTECX

 

Centros interuniversitarios

Economics and Business Administration for Society (ECOBAS)

ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un centro de investigación interuniversitario especializado no estudo da sustentabilidade nun senso amplo, é dicir, tanto económica, coma ambiental e social. O persoal investigador e docente das tres universidades galegas que integra o centro desenvolve os seus estudos desde o eido das ciencias sociais, principalmente a economía e a empresa. A Universidade de Vigo é a institución coordinadora de ECOBAS.

Web de ECOBAS

 

 

Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia CITMAga

 Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) créase mediante un convenio das tres universidades públicas de Galicia, co obxecto de integrar as capacidades científicas do ámbito das matemáticas, compartindo visión e estratexia e cunha clara aposta pola transferencia de coñecemento. Coa motivación de fomentar unha cultura colaborativa, que busque a excelencia na investigación, a innovación e a formación, o CITMAga aspira a converterse nun centro de referencia nacional e internacional, constituíndo unha contorna atractiva para o desenvolvemento científico e profesional. 

Web do CITMAga

 

 

Centro de Investigación Interuniveristario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

Centro de Investigación Interuniveristario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

O CISPAC é un centro pioneiro na investigación fundamental e aplicada nos ámbitos das ciencias sociais e humanas. Constitúe un modelo de referencia que busca mellorar o aproveitamento das capacidades en I+D, coa confluencia de 69 membros como persoal investigador vinculado e 38 membros como persoal en formación. Cunha carteira ampla de servizos, realízase unha intensa transferencia coa contorna social, empresarial e institucional. A dirección rotativa da presidencia do seu Consello reitor é a USC, a UVigo e a UDC. 

Web do CISPAC

 

Normativa:

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal