Prazo ata o 19 de xuño
INSPIRACIENCIA
IX Concurso de Relatos de Inspiración Científica
Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica impulsado polo CSIC. Trátase dunha iniciativa que relaciona a ciencia e a escritura dunha maneira lúdica, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar o achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria e de explorar realidades antes non imaxinadas.
O prazo de presentación dos relatos finaliza o 19 de xuño de 2019.
Máis información aquí.