O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías-USC convoca o primeiro Concurso de Comunicación Científica

Etiquetas
  • Divulgación
UVigo - Investigación 17/10/2018

O primeiro Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE C 3 - USC) é unha iniciativa que busca estimular a produción de recursos educativos que acheguen a un público amplo os fundamentos da Física, en particular a estudantes de ensino secundario e superior. A iniciativa está dirixida a persoal investigador dos organismos públicos de investigación; a estudantes de doutoramento, mestrado ou grao; a profesorado de ESO e Bacharelato do ámbito da Física; e a profesionais da divulgación científica e a xornalistas. 

O Concurso inclúe tres posibles formas de participación: monólogos científicos; experimentos, demostracións ou aplicacións web ou para dispositivos móbiles; e artigos de divulgación.