MARatón: a investigación mariña contada en 8 minutos
Concurso de divulgación mariña
O Laboratorio de Recursos Xenéticos Mariños e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo organizan o concurso de divulgación mariña «MARatón: a investigación mariña contada en 8 minutos».
Obxectivo
Achegar a investigación mariña realizada na universidade á cidadanía. As persoas participantes deberán captar a atención do público non especializado en tan só oito minutos.
Persoas destinatarias
- Investigadoras e investigadores de entidades públicas (universidades, centros de investigación, etc.) e privadas.
- Estudantes de doutoramento, traballo fin de mestrado ou fin de grao que estean a comezar a súa carreira como investigadores/as.
Lugar e data de celebración
O evento celebrarase os días 7 e 8 de maio de 2019 entre as 20.00 e as 22.00 h no bar Tinta Negra de Vigo (Rúa dos Irmandiños, n.º 2).
Premios
Concederase un primeiro premio e sorpresas para o resto de concursantes, así como un certificado de participación.
As persoas gañadoras deben destinar o premio concedido a unha actividade que continúe a súa carreira como divulgadoras.
Inscricións
Ata o 26 de abril.
Para participar cómpre enviar un correo a María Fernández (rexenmar@uvigo.es) co asunto «Inscrición MARatón», no que se especifique o título da charla, o nome completo e un correo de contacto.
A principios de maio publicaranse na web e nas redes sociais as persoas seleccionadas como relatoras e o programa completo.
Podes consultar aquí a web do Centro de Investigación Mariña.