En Vigo

Pint of Science Festival

Do 20 ao 22 de maio

Etiquetas
  • Divulgación
UVigo - Investigación 04/04/2019

O festival Pint of Science ten como obxectivo ofrecer charlas interesantes, divertidas e importantes sobre as últimas investigacións científicas, nun formato accesible ao público. E todo iso nun bar!

É unha plataforma que lle permite á xente discutir sobre a investigación coas persoas que a levan a cabo. Esta iniciativa xurdiu dunha comunidade de investigación de posgrao e posdoctoral en 2012. Desde entón o festival celébrase anualmente durante tres días de forma simultánea en bares de todo o mundo.

En España, a iniciativa articúlase desde a Asociación de Divulgación Científica Pint of Science España, con sede en Vitoria, creada co propósito de organizar este festival. En Vigo, a edición deste ano terá lugar no Mercado do Berbés.

Máis información aquí.