Queres dar clase ou investigar na UVigo?

Para traballar na Universidade de Vigo como profesor terás que cumprir os requisitos do corpo ou da categoría na que pretendas concorrer nos concursos de profesorado e investigación:
 

Para acceder ao corpo de profesorado catedráticos de universidade ou de profesorado titular de universidade é preciso ter o título de doutoramento e estar acreditado nese corpo.

Máis información para acreditarte na ANECA.

Podes ver as convocatorias no taboleiro de convocatorias:

 

Para acceder ás prazas de profesorado contratado doutor/a é preciso dispoñer do título de doutoramento e ter a acreditación da ANECA ou da ACSUG.

Máis información para acreditarte na ACSUG ou na ANECA

Ver aS convocatorias

 

Para acceder ás seguintes categorías:

Profesorado axudante doutor

É preciso dispoñer do título de doutoramento e ter a acreditación da ANECA ou da ACSUG.
Máis información para acreditarte na ACSUG ou na ANECA
Ver as convocatorias

Profesorado axudante

É preciso cumprir o requisito de estar admitido ou estar en condición de ser admitido nos estudos de doutoramento e ten como finalidade completar a súa formación docente e investigadora.​​​​​​

Profesorado asociado

É preciso estár traballando fóra do ámbito académico universitario.
Ver as convocatorias​​​​​

Profesorado asociado en Ciencias da Saúde

É preciso estar traballando fóra do ámbito académico universitario no ámbito asistencial.
Ver as convocatorias

Profesorado contratado interino

É preciso dispoñer do título de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado para a cobertura de necesidades docentes temporais.
Ver convocatorias

 

 

Na seguinte ligazón ofrecémosche toda a información que precisas sobre a carreira investigadora e os distintos procesos de selección e de contratación na Universidade de Vigo:

Carreira investigadora

 

Na seguinte ligazón poderás informarte sobre a contratación de persoal colaborador en proxectos de investigación:

Saber máis

 

 

Se precisas ampliar información sobre estas convocatorias podes contactar coa Sección de Selección e Programas do Servizo de Persoal Docente e Investigador
+34 986 813 765 / 813 907 / 813 421
consultapdi@uvigo.gal

Curso 2019/2020 resolución vixencia listas de agarda196.05 KB