II Xornadas o Talento Feminino SUMA

UVigo - Emprego 18/09/2019

A Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, en colaboración co Instituto da Muller e a Igualdade de Oportunidades, quere xerar unha conciencia social que prime as capacidades e as habilidades profesionais para o acceso ao emprego das mulleres, a través da promoción da diversidade, a competitividade e a sostibilidade das empresas e as institucións.

Por todo isto, organízase esta xornada que terá lugar no campus de Vigo o 24 de setembro co seguinte programa:

Sesión de mañá

De 10.00 h a 14.00 h, conferencia e mesa redonda, na sala I do edificio Miralles.

A conferencia inaugural, ás 10.15 horas, correrá a cargo da catedrática da Universidade de Vigo Coral del Río e leva por título «Segregación por razón de xénero no mercado laboral: causas e consecuencias». 

A mesa redonda, titulada «Loitando contra as desigualdades: programas de emprego e emprendemento para mulleres», arrancará ás 12.15 horas e estará moderada por Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia.

Sesión de tarde

De 15.30 h a 19.30 h, obradoiro «Elevator Pitch: quen es en 90 segundos» nas salas I e IV do edificio Miralles.

 

Inscrición

Podes realizar a túa inscrición cubrindo o seguinte formulario.

 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo