Oficina de Proxectos Internacionais

A Oficina de Proxectos Internacionais é o punto único de acceso para todo o relacionado cos proxectos internacionais, tanto de educación como de investigación, na súa parte técnica e administrativa

Funcións

  • Fomenta a participación da comunidade universitaria en proxectos internacionais de todo tipo, facendo un acompañamento completo desde o xerme da idea ata a fin da implementación do proxecto
  • Asesora na procura de financiamento, socios, oportunidades e convocatorias
  • Axuda a comprender os requerimentos dos diferentes programas europeos e internacionais para atopar o máis axeitado ao persoal solicitante
  • Presta apoio na preparación de solicitudes competitivas para todo tipo de programas de financiamento internacionais
  • Colabora na xestión integral dos proxectos internacionais durante toda a súa vida e axuda na preparación dos informes de progreso, tanto na parte técnica como na administrativa e financeira
  • Organiza accións formativas na Universidade de Vigo en relación ás novas convocatorias de financiamento europeas e internacionaciais e a elaboración de propostas exitosas

Responsable

María Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación



Persoal do servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos