Axúdanos a coñecer o océano do futuro!

A Facultade de Ciencias do Mar oferta diversos proxectos de investigación en colaboración con centros de educación secundaria da comunidade autónoma de Galicia, no marco do programa STEMbach.

Os proxectos ofertados pola Facultade de Ciencias do Mar están centrados na xeración de coñecemento no medio mariño dentro dunha das seguintes liñas de investigación:

  • Oceanografía física do océano
  • Química mariña
  • Xeoloxía mariña
  • Oceanografía biolóxica
  • Recursos mariños
  • Avaliación de impactos ambientais no medio mariño

Para ampliar a información sobre a tipoloxía de proxectos que se pode desenvolver en cada liña, cómpre contactar co coordinador STEMbach do centro.

Coordinador STEMbach da Facultade de Ciencias do Mar:

Proxectos 

Velaquí os proxectos propostos pola facultade de Ciencias do Mar organizados por bienio. En cada unha das táboas atoparás o título de cada proxecto coa súa ficha descritiva e, de ser o caso, o centro asignado e a data da súa defensa.
 

  • Detección de bacterias degradadoras de hidrocarburos en augas superficiais da zona portuaria da Guarda
    Centro asignado: IES A Sangriña
    Proxecto rematado
  • Efecto dun hidrocarburo aromático policíclico (naftaleno) no peche de valvas en Corbicula fluminea
    Centro asignado: IES A Sangriña
    Proxecto rematado
  • Estudo comparativo da diversidade xenética en dúas poboacións de Zostera noltei na ría de Vigo
    Centro asignado: IES A Sangriña
    Proxecto rematado
  • Estudo comparativo da diversidade xenética dunha población de Charadrius alexandrinus
    Centro asignado: IES A Sangriña
    Proxecto rematado
  • Estudo do efecto Zn sobre Corbícula fluminea
    Centro asignado: IES A Sangriña
    Proxecto rematado
  • Avaliación da potencial contaminación no porto da Garda por TBT usando Nucella lapillus (Linnaeus, 1758) como bioindicador
    Centro asignado: IES A Sangriña
    Proxecto rematado
  • Evidencias locais de cambio climático a partir do rexistro de datos das estacións meteorolóxicas do Rosal e de Oia
    Centro asignado: IES A Sangriña
    Proxecto rematado