Instrucións de estandarización das ferramentas propias da Universidade de Vigo para a realización dos exames

UVigo - Comunicación 06/05/2020

As universidades víronse na obriga de modificar as actividades de formación presenciais establecidas nas guías docentes por outras desenvolvidas a distancia co fin de continuar o proceso de ensino-aprendizaxe, ocasionado, como é ben sabido, polo confinamento derivado da covid-19. Con todo, este modelo en liña sobrevido presenta inconvenientes técnicos no caso das probas tipo exame.

Nas actuais circunstancias considéranse exclusivamente dous escenarios: 

  • Escenario 1
    Avaliación en modalidade non presencial. Non se dan as condicións para que se poidan realizar as actividades presenciais
     
  • Escenario 2
    Avaliación en modalidade presencial con restricións. O desconfinamento permite unhas datas para o desenvolvemento das probas de avaliación presenciais con restricións impostas por motivos sanitarios ou de seguridade.

Segundo a Estratexia da ANECA para o aseguramento da calidade no ensino virtual, do 17 de abril 2020, «Ao ser unha situación extraordinaria, as solucións expostas deberían ter tamén un carácter extraordinario e procurar sempre que o estudantado teña unha avaliación apropiada e, sobre todo, xusta».

De acordo co documento da CRUE do 16 de abril, «unha recomendación xenérica con respecto ás ferramentas tecnolóxicas de soporte dos procedementos de avaliación non presencial sería o emprego das tecnoloxías xa dispoñibles na universidade concretas e o máis similares posibles ás empregadas habitualmente para o soporte do ensino presencial […] engadindo as mínimas imprescindibles (no caso de que fose necesario), en aras de obter a maior confiabilidade posible nos procesos de avaliación sobre contornas informáticas xa probadas e validadas, e de minimizar o impacto das decisións que se tomen sobre as persoas usuarias». 

Mesmo neste caso, será necesario un estudo previo da carga de traballo que pode asumir a aula virtual da institución. Será fundamental ter claro o concepto de que os recursos virtuais son finitos e que o seu uso masivo en paralelo pode supor unha caída do sistema. Por tanto, a planificación previa do calendario das probas de avaliación adquirirá unha importancia capital (de aquí a petición de cubrir unha folla Excel co calendario de todos os centros).

As instrucións recollidas neste documento establécense en función do respecto á autonomía dos centros para desenvolver os títulos que teñen asignados e da súa responsabilidade nos procesos de seguimento e de acreditación dos devanditos. 

 

Autorizarase o profesorado a estar no seu despacho para atender o exame se considera que cos medios informáticos e telefónicos da universidade lle poden dar unha mellor cobertura.

Os sistemas de avaliación poderán contemplar a posibilidade de liberar bloques temáticos da materia asociados a determinados resultados da aprendizaxe.

Utilizaranse só os procedementos de publicación e de cualificación dispoñibles nas plataformas propias da Universidade de Vigo.  A este respecto, deberase observar o disposto nos apartados 11 e 12 da Resolución reitoral, do 24 de abril de 2020, sobre os aspectos relativos á protección de datos.

Poderase solicitar desde os servizos informáticos que a hora do examen se poida desprazar ao longo do día na data prevista para unha mellor optimización dos recursos dispoñibles.

A. Exame oral 

  • Proba síncrona
  • Empregarase Campus Remoto
  • O estudantado deberá estar rexistrado na plataforma para poder realizar o exame
  • Deberá gravarse a proba
  • O estudantado deberá dicir o seu nome e o seu DNI ao inicio do exame
  • Consiste en preparar preguntas que evidencien que o estudantado adquiriu os coñecementos e que os ten ben incorporados
  • Non debe superar os 10-15 minutos por estudante
  • Pode realizarse de xeito individual, por quendas ou todos presentes
  • O profesorado pode autorizar ter apuntamentos, ..
  • É unha opción viable para as materias cuxo profesorado ten menos de 40 estudantes que avaliar. No caso dun maior número de estudantes, deberán utilizarse tantas salas de videoconferencias como sexan necesarias, titorizadas por docentes diferentes
  • Debe coincidir nas datas e ás horas que teña acordado a Xunta de Centro
  • No caso de que o profesorado quixera propoñer outra data comprendida no período de exames, poderá propoñer a súa realización de xeito individual sempre que teña o acordo confirmado co alumno/a na plataforma Faitic, visible no chat para o resto do estudantado

B. Exame escrito con control de identidade mediante chave de entrada


O control realízase mediante a plataforma Faitic onde cada estudante debe identificarse para entrar. É unha proba síncrona. Neste tipo de proba, temos dúas opcións:


Opción 1: Ferramentas de Faitic

  • Exame a través das ferramentas de avaliación soportados por Moodle/Claroline (cuestionarios etc.).  Durante o tempo de realización da proba, o profesorado deberá estar dispoñible por algún ou por varios medios para responder ás preguntas.
  • Tipo test: Achégase un anexo con exemplos de como realizar un exame mediante preguntas tipo test para o profesorado non familiarizado con esa ferramenta de avaliación.  Recomendámosvos contar cun número elevado de preguntas na base de datos, cunha selección aleatoria e cun tempo de resposta curto (o exame non debería levar máis de 90 minutos). 

Videotitoriais para manexar a plataforma Claroline de Faitic

Exemplo tipo proposto 

  • Exame tipo test, preguntas con resposta múltiple
  • Elección aleatoria de Moodle da orde de aparición das preguntas (sairían diferentes para cada estudante)
  • Elección aleatoria de Moodle da orde das respostas das preguntas (sairían diferentes para cada estudante)
  • Elección secuencial. Por exemplo, entre 5 e 10 preguntas nunha páxina. Vantaxe: vaise gravando o exame pouco a pouco. Desvantaxe: non admite repaso cara a atrás
  • Unha vez rematado o exame, 10-15 minutos para enviar ou elixir copia automática, unha vez que termina


Exemplo duración

  • Exame MIR coa dificultade que ocasiona:  1 minuto/pregunta para as 190 preguntas sen imaxes e 2 minutos/pregunta para as 35 preguntas ligadas ás imaxes diagnósticas (cinco horas, 300 minutos, para as 225 preguntas). 

Opción 2: Correo electrónico

  • Exame enviado por correo electrónico nun momento previamente acordado, e con tempo limitado (semellante a un exame «con apuntamentos»). Ao final do tempo prefixado, o estudantado enviará o documento xunto cunha fotografía da hora e subirao. Non é o sistema recomendado pola CRUE.

C. Exame escrito con control de identidade autenticada


Estes exames organizaranse mediante Moodle/Claroline e/ou coa utilización en paralelo das aulas de Campus Remoto para o control da identidade mediante a cámara conectada do/a estudante e/ou para atender as incidencias.

En todo caso, nesta modalidade, o profesorado (polo menos, o/a coordinador da materia) debe estar accesible mediante o correo electrónico, o teléfono ou a videoconferencia para atender as incidencias que poidan xurdir (estudantado ao que lle falla o sistema, problemas de desconexión, interpretación de preguntas dubidosas etc.).


Opción 1: Campus Remoto tipo escrito papel

  • Esta opción é a máis parecida a un exame presencial e resposta en papel. 
  • O estudantado deberá estar autenticado na plataforma de Campus Remoto para poder realizar o exame.
  • Opcionalmente, o profesorado poderá gravar a proba de avaliación. De ser o caso, deberá comunicarllo previamente por escrito ao seu estudantado conforme ao disposto no anexo da RR do 24 de abril de protección de datos. 
  • Todo o estudantado comparte o seu vídeo pero non ven entre eles e elas.
  • Opción viable para as materias cuxo profesorado ten menos de 40 estudantes que avaliar, para o que se deberán utilizar salas de videoconferencias diferentes, o cal permite dunha maneira máis áxil a atención de consultas, o control de asistencia etc.).
  • Proxectarase mediante a opción de presentación de Campus Remoto mostrando os exercicios que debe realizar o estudantado. 
  • Estes exercicios mostraranse secuencialmente na pantalla, coa asignación dun tempo acoutado para resolvelo e que deberá de poñerse na mesma pantalla do exercicio. 
  • Estes exercicios mostraranse todos xuntos na pantalla, coa asignación dun tempo acoutado para resolvelos que deberá de poñerse na mesma pantalla do exercicio. 
  • O estudantado debe resolvelos en papel e respondelos coas súas propias palabras; ao rematar, escanear o exercicio e subilo á zona indicada da plataforma de Campus Remoto (tope máximo exame 5 MB). Recoméndase, se é posible, comprimir as imaxes. 
  • Asúmese que a proba se desenvolve «con apuntamentos» . É dicir, asúmese de partida que o estudantado terá á súa disposición, durante a proba, o material didáctico (apuntamentos, exercicios, programas informáticos de apoio etc.), todo dentro do acordo de integridade ético.

Opción 2: Campus Remoto combinado con Faitic (Moodle/Claroline)

  • O estudantado deberá estar rexistrado na plataforma para poder realizar o exame.
  • Opcionalmente poderá gravarse a proba. De ser o caso, deberá comunicarllo previamente por escrito ao seu estudantado conforme ao disposto no anexo da RR do 24 de abril de protección de datos. 
  • Opción recomendable para as materias cuxo profesorado ten menos de 40 estudantes que avaliar, o cal permite dunha maneira máis áxil a atención de consultas, o control de asistencia etc.).
  • Unha vez que se atopa no exame, o estudantado deberá abrir unha nova pestana no navegador para entrar en Faitic ou en Claroline segundo corresponda.
  • Unha vez alí resolverá o exercicio tipo test na aplicación no tempo e nas condicións que marque o profesorado no exame.
  • Se o exame fora de desenvolvemento escrito utilizaríase a opción 1.
  • Se a materia tivera máis de 40 estudantes a opción sería a 3, no caso de estar habilitada.
  • Asúmese que a proba se desenvolve «con apuntamentos» . É dicir, asúmese de partida que o estudantado terá á súa disposición, durante a proba, o material didáctico (apuntamentos, exercicios, programas informáticos de apoio etc.), todo dentro do acordo de integridade ético. 
  • En función da carga simultánea das probas que se realicen ao mesmo tempo, desde os servizos informáticos e con tempo suficiente indicaráselle ao centro a forma na que deben secuenciarse os exames.

Opción 3: Campus Remoto con Moodle incorporado 

  • Exame a través das ferramentas de avaliación soportados por Moodle (cuestionarios etc.).  Durante o tempo de realización da proba, o profesorado deberá estar dispoñible por algún ou varios medios para responder ás preguntas.
  • Tipo test: Nos anexos achéganse exemplos de como realizar un exame por preguntas tipo test para aquel profesorado non familiarizado con esta ferramenta de avaliación.  Recomendámosvos contar cun número elevado de preguntas na base de datos, cunha selección aleatoria e cun tempo de resposta curto (o exame non debería durar máis de 90 minutos). 

Exemplo tipo proposto 

  • Exame tipo test, preguntas con resposta múltiple
  • Elección aleatoria de Moodle da orde de aparición das preguntas (sairían diferentes para cada estudante)
  • Elección aleatoria de Moodle da orde das respostas das preguntas (sairían diferentes para cada estudante)
  • Elección secuencial. Por exemplo, entre 5 e 10 preguntas nunha páxina. Vantaxe: vaise gravando o exame pouco a pouco. Desvantaxe: non admite repaso cara a atrás
  • Unha vez rematado o exame, 10-15 minutos para enviar ou elixir o envío automático

Exemplo duración

  • Exame MIR coa dificultade que ocasiona: 1 minuto/pregunta para as 190 preguntas sen imaxe e 2 minutos/pregunta para as 35 preguntas ligadas a imaxes diagnósticas (cinco horas, 300 minutos, para as 225 preguntas).

  • É moi recomendable, case imprescindible, realizar unha proba previa de moi curta duración co estudantado para tentar reproducir da maneira más fiel posible o escenario real do exame. Co obxectivo de que tanto o profesorado como o estudantado proben que todo  funcione ben.
  • Todo o estudantado ten conectado o seu vídeo pero non se ven entre eles e elas. 
  • Desaconséllase o uso dos móbiles do estudantado para a vixilancia da proba, por exemplo, como cámara secundaria. 
  • Só se usarán no caso de que o ordenador non dispoña de cámara web e deberán colocarse apoiados na pantalla do portátil sen interferir na lectura do exame.
  • O profesorado recibirá todo o estudantado e poderá gravar a sesión ou realizar un control visual. En todo caso, deberá comunicarllo previamente por escrito conforme ao disposto no anexo da RR do 24 de abril de protección de datos.
  • O profesorado non debe activar a súa cámara, xa que produce tantos fluxos de vídeo como estudantes asistan e pode sobrecargar o servidor.
  • O ideal é empregar Firefox como navegador. Nas probas internas é o que menos CPU consume tanto en MAC como PC
  • Non se poden executar outros programas cando se está supervisando un exame.
  • É importante tentar supervisar o exame desde un ordenador conectado por cable ao router (non por wifi)
  • O profesorado pode realizar o exame desde o seu despacho na universidade se considera que ten mellores conexións informáticas que no seu domicilio particular.
  • Dado que as respostas do estudantado poden darse en papel que han fotografar e subir á plataforma, recoméndaselle que empregue aplicacións pensadas para estas funcións como Camscanner, Scans, Microsoft Office Lens,  Photoscan de Google etc, que permiten optimizar o tamaño e a calidade das imaxes. 
  • Os ficheiros que se subirán a cada exercicio deberán ser o máis pequenos posibles, preferiblemente por debaixo dos 2 MB de peso e, en ningún caso, por riba dos 5 MB. No caso de ser necesario, subiranse varios arquivos pequenos a cada exercicio (mellor 4 ficheiros de 2 MB que un só ficheiro de 8 MB). Neste senso, recoméndase subir tantas fotos como páxinas teña a solución. Deste xeito, os ficheiros terían un tamaño inferior a 5 MB. Unha foto por documento.

  • A revisión dos exames poderá realizarse de xeito virtual a través de Campus Remoto, no despacho xemelgo virtual creado pola universidade ou a través de Teams, ambas as dúas plataformas da universidade.
  • Por medio de Faitic  xunto co telefóno institucional (o do despacho do profesorado no caso de que o considere necesario).

A adaptación da Universidade de Vigo e todos os seus membros ás novas realidades consecuencia do COVID-19 supoñen desafíos únicos consecuencia do cambio abrupto  a un entorno remoto de ensinanza e aprendizaxe. 

Para culminar este proceso de adaptación, é necesario dispoñer dun código que sente as bases do comportamento e compromiso do estudantado con este novo entorno. Este código, que cada estudante ten a obriga de coñecer e respectar, constitúe  una sinal de liberdade e responsabilidade individual, e persigue a súa formación integral como persoas, a súa preparación como profesionais de excelencia cara a conseguir unha transformación positiva da sociedade, e o cumprimento do establecido no artigo 65 dos Estatutos da Universidade de Vigo.


Os compromisos que constitúen este código son os seguintes:
 

  1. As videoconferencias constitúen un espazo docente equivalente ás clases presenciais, polos que as normas de comportamento deben ser as mesmas: respecto aos docentes e compañeiros de clase e evitar o uso do telefono. Isto significa silenciarse cando non se teña o uso da palabra e utilizar a función de chat sómente para comentarios ou preguntas relacionadas con temas docentes que se estean tratando.
     
  2. As conexións cos docentes deben facerse no horario e utilizando os medios de comunicación propostos ou pactados previamente.
     
  3. As probas de avaliación, en calquera das súas modalidades, enténdense como un mecanismo que ten por obxectivo medir o rendemento académico do estudante. Neste sentido, todos os estudantes teñen a responsabilidade de realizar ditas probas da forma estipulada, individual o grupal segundo corresponda, sen incorrer en accións que alteren a súa  veracidade o supoñan un fraude o falsificación de datos de calquera tipo.
     
  4. Os estudantes deben asumir a responsabilidade do seu proceso formativo sen presentar deliberadamente como propio, xa sexa total ou parcialmente, traballo feito por outro estudante (copia) ou obtido de calquera outra fonte non citada (plaxio). Tampouco deben presentar como novo un traballo xa avaliado.
     
  5. Os estudantes só poden usar os recursos e as axudas permitidas para completar as tarefas ou exames que se lle propoñan. 
     
  6. Non se pode recibir ou proveer asistencia de forma fraudulenta nos exames. Isto inclúe a obtención, por calquera medio, dunha avaliación parcial ou completa.
     
  7. Se consideran de especial gravidade os actos de suplantación de identidade en calquera proba, así como calquera modificación, xa sexa por medios mecánicos ou electrónicos, dunha cualificación obtida.
     
  8. Finalmente, todo estudante é responsable de informarse sobre os seus dereitos e obrigas, recollidos na normativa xeral da Universidade así como nas normativas internas de cada centro.

Existe un número importante de docentes da universidade con amplos coñecementos e con traballos en innovación docente que empregan Faitic con múltiples posibilidades e que teñen outras opcións de avaliación superiores ás que se presentan neste anexo. 

Documentos de realización de exames tipo test e tarefas escritas en Moodle e Claroline

Na seguinte ligazón pódense consultar os tipos de preguntas dispoñibles para realizar cuestionarios en Moodle:
 

Tipos de preguntas
 

 

Método de avaliación non presencial Modalidade síncrona Modalidade asíncrona Evidencias necesarias
1. Exame oral Videoconferencia - Rexistro e/ou gravacións
2. Proba escrita aberta Vídeoconferencia Módulo de tarefas da aula virtual e ferramenta antiplaxio Rexistro
3. Proba obxectiva Módulo de tarefas da aula  Módulo de cuestionario da aula virtual Rexistro
4. One Minute Paper Videoconferencia (*) Módulo de cuestionario da aula virtual Rexistro
5. Traballo académico Módulo de cuestionario da aula virtual Módulo de tarefas da aula virtual e ferramenta antiplaxio Rexistro e/ou gravacións
6. Mapas conceptuais Videoconferencia (*) Módulo de tarefas da aula virtual e ferramenta antiplaxio Rexistro
7. Diario reflexivo - Ferramenta diario da aula virtual e/ou One Note e ferramenta antiplaxio Rexistro
8. Portafolio - Ferramenta portafolio da aula virtual, One Note e ferramenta antiplaxio Artefacto
9. Observación - Ferramenta de foros, wikis, informes e analíticas da aula virtual Anotacións do profesorado
10. Proxectos   Módulo de tarefas da aula virtual e ferramenta antiplaxio Rexistro
11. Problemas/Casos Videoconferencia (considerando aspectos como o chat) Módulo de tarefas da aula virtual e ferramenta antiplaxio Rexistro e/ou gravacións

(*) Dependendo da proposta do profesorado podería ser necesario o  uso dun  sistema de videoconferencia complementario ás funcionalidades estándar.

O reto global ao que nos enfrontamos no ámbito da institución é un escenario dunha simultaneidade nun curto período de tempo de todos os tipos de probas de avaliación non presencial e con alto nivel de concorrencia de participantes. Isto levará a que todas as infraestruturas e os sistemas implicados poderían estar sometidos a sobrecargas que afectarán a súa dispoñibilidade. 

Adicionalmente, temos que considerar que as probas de avaliación non presencial son dependentes de infraestruturas non xestionadas pola universidade: equipamento propio do estudantado e do profesorado, conexión a Internet etc.
 

Escenario TI de avaliación Métodos de avaliación non presencial Ferramenta informática Risco TI
Exame oral 1. Exame oral (síncrono) Vídeoconferencia 1.Sobrecarga videoconferencia
3.Almacenamento masivo
Exposición do traballo ao profesorado e/ou á clase 2.Proba escrita aberta
10.Proxectos
11. Problemas/Casos (síncronos)
Videoconferencia 1.Sobrecarga videoconferencia
3.Almacenamento masivo
Entrega do traballo 2.Proba escrita aberta
5.Traballo académico
6.Mapas conceptuais
10.Proxectos
11.Problemas/Casos (asíncronos)
Módulo de tarefas da aula virtual con data límite de entrega 2.Sobrecarga acceso aula virtual
3.Almacenamento masivo
Avaliación continua 7.Diario reflexivo
8.Portafolio (asíncronos)
9.Observación (síncrona e asíncrona)
Módulos de diario, portafolio, foros, wikis, analíticas etc. da aula virtual, One Note, …
Videoconferencia
1.Sobrecarga videoconferencia
2.Sobrecarga acceso aula virtual
3.Almacenamento masivo
Avaliación síncrona mediante preguntas abertas e pechadas 3.Proba obxectiva
4.One Minute Paper (síncronos)
Módulo de cuestionarios da aula virtual con hora de inicio e de fin
Videoconferencia
1.Sobrecarga videoconferencia
2.Sobrecarga acceso aula virtual
3.Almacenamento masivo
Avaliación asíncrona mediante preguntas abertas e pechadas 3.Proba obxectiva
4.One Minute Paper (asíncronos)
Módulo de cuestionarios da aula virtual con duración prefixada 2.Sobrecarga acceso aula virtual
3.Almacenamento masivo

 

 

1. Como crear un repositorio de preguntas utilizando a plataforma Claroline de Faitic

2. Como crear un cuestionario utilizando Claroline dentro de Faitic

3. Como poñer á disposición do estudantado un dos cuestionarios que fixemos e como poder ver os resultados unha vez que o resolveu

4. Como crear un banco de preguntas utilizando Moodle dentro de la plataforma Faitic

5. Como crear un cuestionario utilizando Moodle dentro de la plataforma Faitic

​​​​​​

6. Como ver as cualificacións do estudantado utilizando Moodle dentro da plataforma Faitic

​​

​​​​​​

Máis información:

+34 986 811 974
faitic@uvigo.gal

Descarga o documento en pdf