DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A raíz dos resultados das PCR realizadas ao alumnado que deu positivo nos tests rápidos

O curso de Publicidade e RRPP que pasou a docencia virtual esta semana recupera o luns a modalidade mixta

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Saúde
  • Institucional
DUVI Pontevedra 30/10/2020

O vindeiro luns 2 de novembro, o cuarto curso do grao en Publicidade e Relacións Públicas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación recuperará a modalidade parcialmente presencial que mantiña desde o inicio de curso, despois dunha semana de docencia en liña. A detección de positivos nos test rápidos realizados nos últimos días ao alumnado motivou a fin de semana unha resolución reitoral que acordaba o pase a docencia en liña deste curso ata este venres día 30. Nesta xornada, a proposta do presidente do Comité de asesoramento sobre a covid-19 da Universidade e á vista dos resultados negativos das probas PCR realizadas para confirmar os tests rápidos, ditouse unha resolución reitoral que acorda o pase deste curso á modalidade aprobada ao inicio de curso, na que se combina a docencia virtual coa presencialidade rotatoria.

A resolución reitoral da pasada fin de semana acordaba así mesmo o pase a docencia virtual de todas as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, que recuperaron o mércores a súa modalidade anterior.