Rescate feridos incendio xerencia

Prevención de riscos e saúde laboral

A Universidade de Vigo traballa pola prevención, eliminación e minimización en todo momento dos riscos que poidan existir no desenvolvemento das diferentes actividades na universidade

Como expresión da nosa preocupación e compromiso coa seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras que integran a Universidade de Vigo, traballamos pola prevención, eliminación, e minimización en todo momento dos riscos que poidan existir no desenvolvemento da súa actividade

Para posibilitar a consecución destes obxectivos é fundamental a observación das condicións de traballo do persoal por medio da recollida e análise de datos sobre os factores de risco e saúde, así como contar cun servizo de persoal especializado que vele polo bo desempeño destas labores e asesore aos órganos de goberno nesta material. Ese equipo especializado é o Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL).

 

Políticas e plan de prevención

A política de prevención de riscos laborais da Universidade de Vigo fundaméntase na satisfacción das necesidades e na mellora das condicións laborais da organización en materia de seguridade e saúde, co fin de protexer todas as persoas que conforman a Universidade de Vigo, cumprir coa lexislación vixente e adoptar un compromiso coa acción preventiva.

O Plan de Prevención de Riscos Laborais ten por obxecto facilitar unha descrición adecuada do SXPRL, para que sirva de guía permanente durante a súa implantación e un funcionamento deste. É o documento básico de referencia e recolle a descrición da estrutura e do funcionamento xeral do SXPRL. É de aplicación nas actividades e nos centros de traballo que integran a Universidade de Vigo.

Se acabas de incorporarte como persoal á Universidade, serache de utilidade a información contida na 

Vixilancia da saúde

Recoñecementos médicos periódicos. Campaña de Vixilancia da Saúde 2023

Podes pedir cita para o teu recoñecemento médico vía web, na páxina de Cualtis. Antes de facelo, podes: 

  • Consultar esta pequena guía na que se explican os pasos necesarios.
  • Ler tamén estas instrucións antes de acudir á túa cita, para ver onde tes que ir, coñecer os requisitos para a analítica.

Formación

A organización das actividades formativas en materia de prevención e de riscos laborais lévaa a cabo o SPLR. Para a súa xestión utilizamos a plataforma Bubela, na que podes ver todos os cursos e as xornadas convocados:

Ver as actividades de formación

Preguntas e respostas sobre prevención de riscos laborais

Preguntas frecuentes sobre prevención de riscos.

  • Inicial: Logo da incorporación ao traballo ou despois da asignación de tarefas específicas con novos riscos para a saúde.
  • Periódico: En función do requirido segundo os riscos aos que estea exposta a persoa traballadora.
  • Retorno ao traballo: Logo dunha ausencia prolongada por motivos de saúde: co único obxectivo de identificar calquera relación entre as causas da enfermidade e os riscos existentes no traballo.
  • Previos: porque así o esixan normas específicas.

O persoal da Universidade de Vigo pode solicitar cita para o recoñecemento médico periódico no prazo que se anuncia no Portal de avisos para cada centro de traballo.

Pode consultar a guía para solicitar cita online para a realización do recoñecemento médico periódico. 

Se por algún motivo non puidera solicitala deberá poñerse en contacto co Servizo de Prevención.

Información sobre os períodos para solicitar cita nos campus e centros.

Campus de Pontevedra

Do 23/02/2023 ao 02/03/2023

 

Campus de Ourense

Do 10/04/2023 ao 17/04/2023

 

Fac. CC Xurídicas e do Traballo e Servizos centrais

(Área de transporte e distribución, Área de benestar saúde e deporte, Edificios Exeria / Ernestina Otero / Miralles)

Do 23/01/2023 ao 01/02/2023

 

Campus de Vigo cidade

(Fac. de Comercio, E E Industrial, Edificio Redeiras, ECIMAT)

Do 03/02/2023 ao 09/02/2023

 

Fac. CC Económicas e Empresariais / Biblioteca Central

Do 06/03/2023 ao 10/03/2023

 

E E Minas e Enerxía, E E de Telecomunicación e Taller de Valadares

Do 19/04/2023 ao 26/04/2023

 

Fac. de Filoloxía e Tradución e Unidade de Xardinería

Do 22/05/2023 ao 26/05/2023

 

E E Industrial, Edificio Fundición e CINTECX (MTI)

Do 01/06/2023 ao 08/06/2023

 

Edificio Ciencias Experimentais

Do 05/09/2023 ao 12/09/2023

 

Edificio Filomena Dato, Edificio Olimpia Valencia (CACTI-CINBIO, Torre CACTI)

Do 16/10/2023 ao 20/10/2023

No caso de urxencia se o accidente é grave acuda ao centro sanitario máis próximo. En canto sexa posible comuníquelle a situación ao Servizo de Prevención da Universidade cumprimentando o formulario DRPRL-07-01.

No resto dos casos:

  • O persoal traballador acollido ao réxime xeral da Seguridade Social deberá acudir ao centro asistencial máis próximo da mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Fremap, provistos do DNI e do volante de solicitude de asistencia cuberto, dispoñible, tamén, nas conserxarías dos centros.
  • O persoal que estea acollido a Muface deberá acudir ao centro hospitalario que lle corresponda pola súa pertenza ao INSS ou á entidade médica libre que elixa. Para a tramitación do accidente de traballo, deberá poñerse en contacto co Servizo de Nóminas e Seguridade Social para que lle tramiten o Parte de Accidente en Acto de Servicio

Descargando e enviando ao SPRL debidamente cuberto o formulario de solicitude de caixas de urxencias, ou o formulario de reposición de caixas de urxencia, segundo o caso.

A Universidade de Vigo xestiona a prevención de riscos mediante a modalidade organizativa do servizo de prevención propio e servizo de prevención alleo.
O servizode prevención propio asesora a Universidade, ao persoal traballador, ou quen o represente e o Comité de Seguridade e Saúde. Este servizo desenvolve as especialidades de ergonomía e psicosocioloxía aplicada e seguridade no traballo.
O servizo de prevención alleo, que a Universidade de Vigo ten concertado coa sociedade de prevención Cualtis SLU, completa a actividade preventiva desenvolvendo as especialidades de hixiene industrial e medicina do traballo

Todos as traballadores e traballadoras teñen dereito a:

  • Unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde laboral.
  • Recibir información sobre os riscos existentes.
  • Participar en todas as cuestións que afecten a seguridade e saúde no traballo, a través de quen os represente legalmente, e a ser consultados/as.
  • Recibir formación específica en materia de seguridade e saúde no traballo.
  • A vixilancia específica e periódica do seu estado de saúde.
  • Dispor de equipos de traballo adecuados ás tarefas que deben realizar.
  • Que lles faciliten os equipos de protección individual necesarios para desempeñar as súas funcións.

As traballadoras e traballadores deben:

  • Velar pola súa propia seguridade e a das persoas traballadoras que poidan verse afectadas polo seu traballo.
  • Usar adecuadamente as máquinas, ferramentas, equipos etc.
  • Utilizar e conservar correctamente os equipos de protección individual que a Universidade lles facilite.
  • Non pór fóra de funcionamento e utilizar correctamente os dispositivos de seguridade existentes nos medios de traballo.
  • Informar das situacións de risco para a seguridade e saúde do persoal traballador.
  • Contribuír ao cumprimento das obrigacións establecidas pola autoridade competente.
  • Cooperar coa Universidade para que esta poida garantir unhas condicións de traballo seguras que non entrañen riscos para a saúde das persoas traballadoras.

Máis información:

Servizo de Prevención de Riscos Laborais
Edificio Filomena Dato (planta baixa)
As Lagoas Marcosende
+34 986 814 088
sprlformacionesaude@uvigo.gal