II Xornadas sODStendo o planeta

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 30/04/2021

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e Rede Social Galicia Sur organizan as II Xornadas sODStendo o Planeta os xoves 6, 13, 20 e 27 de maio, en horario de 16.00 a 18.00 h. As xornadas desenvolveranse de xeito virtual a través de Campus Remoto.

Estas  xornadas, articuladas tematicamente en torno aos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030 concíbense coma un espazo de encontro entre entidades sociais da nosa contorna e a universidade para sensibilizar e reflexionar sobre algúns dos retos pendentes da humanidade cara a consecución destes obxectivos.

O prazo de preinscrición para participar nas catro sesións permanecerá aberto ata o 5 de maio.

Ao estudantado da Universidade de Vigo matriculado que asista as catro sesións expediráselle un certificado de asistencia (solicitouse o recoñecemento por sete horas computables para crédito ECTS).

Estas xornadas diríxense a todos os membros da comunidade universitaria e ao público xeral.

 

Máis información:

Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.gal