Comisión de mobilidade internacional

A Comisión de mobilidade internacional é un órgano colexiado de tipo consultivo cuxa tarefa fundamental é velar polo desenvolvemento do Regulamento de mobilidade internacional da Universidade de Vigo.

Esta comisión está integrada por: 

  • O vicerreitor/a con competencias en relacións internacionais, quen actuará como presidente/a da comisión.
  • O director/a de área de internacionalización, quen actuará como secretario/a da comisión.
  • A persoa responsable da Oficina de Relacións Internacionais.
  • Cinco persoas responsables das relacións internacionais dos centros da Universidade de Vigo, que representen na medida do posible todos os ámbitos e campus.
  • A persoa responsable do servizo competente en xestión do alumnado de grao.
  • A persoa responsable do servizo competente en xestión do alumnado de posgrao.
  • A persoa responsable do servizo competente en xestión de bolsas.
  • A persoa responsable da Xerencia.
  • Dous membros do estudantado

Os membros da Comisión de Mobilidade Internacional serán nomeados polo reitor ou reitora por proposta do Consello de Goberno


Funcións

  • Participar na definición da política de mobilidade internacional da Universidade de Vigo, establecendo formulacións xerais, o seu alcance e obxectivos, e os mecanismos para poñela en práctica. 
  • Estudar de xeito permanente as necesidades e as carencias en materia de mobilidade internacional dos diversos colectivos que conforman a comunidade universitaria. 
  • Analizar as propostas, as observacións ou as inquedanzas que en materia de mobilidade internacional poida expor calquera membro da comunidade universitaria. 
  • Propor as medidas máis adecuadas a cada situación e a cada colectivo para incrementar as cifras e a calidade da mobilidade internacional. 
  • Impulsar a adopción de medidas ou a creación e a consolidación de estruturas de apoio, que soporten a implantación e o reforzo, de ser o caso, dos programas e doutras actuacións que se leven a termo en materia de mobilidade internacional. 
  • Elaborar e elevarlles os informes aos órganos de goberno que así o requiran sobre asuntos da súa competencia. 
  • Desenvolver e velar polo cumprimento do presente regulamento. 


Membros
 

Presidencia

  • María Isabel de Pozo Triviño
    Vicerreitora de Internacionalización 

Secretaría

  • Iago Pozo Antonio
    Director da Área de Promoción da Internacionalización 

Dirección técnica da Oficina de Relacións Internacionais

  • Amelia Rodríguez Piña   

Responsables de relacións internacionais nos centros

  • Beatriz Rodríguez Rodríguez    
    Facultade de Filoloxía e Tradución
  • Cristina Trillo Yáñez    
    Escola de Enxeñería Industrial
  • Iris Machado de Oliveira    
    Facultade de Fisioterapia
  • Elena de Prada Creo    
    Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  • María Gómez Rúa    
    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Xefaturas de servizos

  • Cristina Rodríguez Cendón    
    Servizo de Xestión de Estudos de Grao
  • José Luis Gómez Reboiro
    Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
  • Rosa Graña Costas    
    Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos

Xerencia

  • Yolanda Trinidad Lesmes Romero  

Estudantado

  • Inara Domínguez Pinto
  • Beatriz Longa Alonso